Comos sabedes este martes 25 de xuño sairá a manifestación dende a propia Megasa ata a Casa do Concello de Narón, ás 18h. Ao día seguinte sairán os autobuses, ás 7,45h tamén dende Megasa, para a Marcha sobre o Parlamento Galego.
Se pinchades aquí, podedes baixaros a cuña radiofónica, convocando á cidadanía á manifestación.
Se pinchades sobre a foto, debéravos abrir a galería das fotos da concentración do venres 14 de xuño, que houbo diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, onde pedimos unha entrevista co presidente Núñez Feijóo.
A cuña é por cortesía de Miguel Castro e as fotos son de Fer @FucoBuxán.
1. Entrevista coas deputadas socialistas Beatriz Sestayo (Parlamento Galego) e Paloma Rodriguez (Congreso) 4 xuño 2013:
2. Asemblea
traballadores 5 xuño 2013:
3. Entrevista co voceiro do BNG Jorquera, Mercedes Tobío (Coordinadora Comarcal) e Villamar (Concelleiro Narón), 6 xuño 2013:
4. Entrevista con Yolanda Díaz e Suso Basterrechea (AGE), 7 xuño 2013:
5. Previo á entrevista co Conselleiro de Industria, onde o Comité de Megasa Siderúrxica estábamos acompañados do Alcalde de Narón (Xosé Manuel Blanco) e os voceiros dos grupos municipais do Concello (TeGa, PSdeG-PSOE, BNG e PP), así como polo Secretario Xeral de MCA-UGT Ferrol (Suso Pérez), 11 de xuño 2013:
:
6. Participación dos traballadores de Megasa na Folga Comarcal do 12 de xuño de 2012, fotos de Focmont @FucoBuxan:
Este documental magnificamente realizado polo amigo Xosé Abad – e acompañado na fotografía por Suso Bello, na montaxe por Sandra G. Rey, na produción por Héctor Diéguez, na música orixinal por Marcelino Galán, a voz solista é Estíbaliz Espinosa e o son foi a cargo de Zen Audio Pro – relata a represión fascista no antigo Concello de Serantes (hoxe integrado no de Ferrol) en 1937 que acabou cos asasinatos do seu alcalde republicano Alejandro Porto Leis e os tres amigos que o ocultaron até que os catro foron “paseados” na Praia da Frouxeira (Valdoviño): Modesto del Río Polo, Jesús Miño Loureiro e Avelino Landeira Maneiros .
Reconstrúe a vida destas persoas boas, e tamén das súas familias. Os fascistas non contentos cos asasinatos, propagaron infamias sobre eles, e conseguiron afastar aos propios familiares uns doutros, sementando dúbidas sobre eles. O documental é unha achega á verdade histórica, pero tamén á reagrupación destas familias que dobremente pagaron a envexa e a barbaridade do franquismo.
A proxección, desde os primeiros minutos, encheron ao auditorio dunha forte carga emocional, e que a duras penas logramos conter a bágoas. A baixeza falanxista, as testemuñas, a confesión – cuxo orixinal atópase no Arquivo Militar de Ferrol – conseguida baixo tortura e asinada coa propia sangue de Porto Leis, o roubo dos bens dos represaliados, as vidas frustradas dos fillos…
Como o documental conta co apoio de diversas Institucións, entre elas a propia TVG, é de esperar que pronto chegará ao público galego. Tamén colaboraron os Concellos de Ferrol e da Coruña e a propia Deputación. Sexa pola tele ou directamente a través do DVD non volo perdades, paga a pena. Os figurantes son membros do grupo ferrolán Bartoleta Teatro e da propia Fuco Buxán.
Non é a primeira vez que Xosé Abad participa nun proxecto con Fuco Buxán, leva xa moito tempo colaborando coa nosa revista “Razón Socialista”, así como na homenaxe galega a Isaac Díaz Pardo. Grazas Xosé, polo teu compromiso e profesionalidade.
Este mércores estiven no mitin organizado pola Agrupación Socialista de Narón no Pavillón de Deportes da Gándara. Tiven a ocasión de conversar co Vicesecretario Xeral do PSOE ao remate do mitin; uns minutos que realmente foron moi intensos, con moita empatía. Evidentemente, levamos moitos anos militando no partido, pero non nos coñecíamos persoalmente. Hai unha amiga común, que realmente foi quen nos deu a posibilidade de falar como se nos coñecéramos de sempre, Carmela Silva. Ela foi, de algún xeito, quen nos facilitou o ter un motivo para este achegamento. Sabemos os dous da forza persoal, humana, que ten Carmela, e sabemos que os amigos dela, son tamén amigos nosos, con toda a intensidade ela lle pon as cousas. Son destas carambolas que ten a vida; por iso quedo en débeda cos dous.
Nunca antes escoitara en directo a José Blanco nun mitin. A súa foi unha intervención que foi in crescendo arroupada co calor da xente. Quédome con tres cousas do seu discurso: a necesidade de rectificar erros e formas de facer política; a necesidade de afondar fortemente no cambio iniciado estes catro anos co Acordo de Goberno entre o PSdeG – PSOE e o BNG; e que foi unhas referencias centradas en mobilizar aos indecisos que, aínda críticos, deben ser conscientes de que só dándolle un novo mandato ao Presidente Touriño é viable consolidar esa outra Galicia que é posible. Un cambio que naceu da revolta do noso Pobo, cristalizando no movemento cívico Nunca Máis e que pechou a era Fraga Iribarne.
Esta intervención de José Blanco é moi importante. Debera ser difundida e levar á reflexión da necesidade de consolidalo proxecto de cambio en Galicia. O axente 009 vén cargado de vellas receitas e vellos entramados clientelares que farían retroceder aos galegos aos tempos de Don Manuel, hipotecando gravemente o nosos presente e futuro por moitos anos.
O discurso de José Blanco foi, ademais, un discurso en positivo. De ir sumando vontades de cambio e para o cambio. Claro, sen sectarismos, coñecedor do que nos xogamos. Con vontade de transformación, de compromiso coa xente e de cumprir a palabra dada. O Vicesecretario Xeral do PSOE si que entendeu a mensaxe – en versión de Felipe – ou aquelo de non nos falles de Zapatero. José Blanco está a facer unha aposta moi seria por este país noso.
Vaise achegando o 1 de marzo, data que imos compartir os galegos cos vascos. Hoxe estivo en Ferrol o Presidente Touriño nun paseo electoral polo barrio de Recemil, até chegar á Praza de Armas, onde está situada a Casa Consistorial. Non teño dúbida de que vaise reeditar o pacto de goberno do PSdeG – PSOE co BNG.
O PP vai baixar. O axente 009 xa ten bastante co que acontece no seu partido, como para ter algunha opción, e a iso hai que sumarlle que até hai uns días tiña como candidato a Conselleiro de Economía a un tiburón das Illas Caimán. En fin…
Na pre-campaña nesta comarca, destacou o acto do PSdeG no Concello de Narón o pasado 6 de febreiro. Un mitin con catro mulleres socialistas, impensable nas outras forzas políticas: Katy García, Bea Sestayo, Carmela Silva e Mar Barcón.
Foi un mitin, onde houbo xente que tivo que marchar por falta de sitio. Narón, unha vez máis, amosou o seu potencial de crecemento do proxecto socialista. A dirección do PSdeG e do propio PSOE o deberan ter en conta. Unha aposta por Narón en serio, reportaría grandes beneficios políticos aos socialistas.
Déixovos cunhas fotos que saquei nese día (pinchade nelas para agrandalas); e o vídeo superior é de A Nosa Terra, que tamén estiveron alí.