A política é moi efémera

A frase da cabeceira tómoa prestada do discurso de Pepe Álvarez, secretario xeral da Confederación da UGT, ante unha nutrida asemblea de delegadas e delegados onte en Santiago. Seguro que representa o momento que vivimos, onde as noticias devóranse unhas a outras en breves chiscos. Por iso resulta necesario alcanzar consensos para resolver o de Cataluña ou o reparto da suposta recuperación económica, ademais cos dereitos sociais -imprescindibles- para a existencia dunha democracia efectiva.

Quizais do máis salientable de onte son as apostas pola feminización do sindicato e do propio tecido laboral con igualdade de salarios e dereitos, xunto coa loita contra a violencia de xénero. Así como o anuncio dunhas xornadas sobre cambio climático e incendios, a facer cos sindicatos portugueses, e a petición dun plan estatal de limpeza de bosques e ríos, que aporte seguridade e emprego.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/a-politica-e-moi-efemera/20171109013241208232.html

Megasa incumpre

Megasa181214

Esperábamos un nadal en paz, crendo que o peor xa pasara. Pero, Megasa quere deixar un mal regalo de reis. Desde a xerencia din que lle “sobran” 47 empregos. Que todos os esforzos destes anos dos seus traballadores, Concello e da propia veciñanza non serven para nada.

A dirección pretende sacar fóra de Xuvia as negociacións sobre o despedimento colectivo e da modificación das condicións de traballo. Os motivos: evitar a presión social. Non queren nin luz nin taquígrafos. Non queren que se lles lembren as súas débedas cos traballadores e co propio Concello de Narón.

Megasa incumpre. Onde queda a promoción económica de Narón? E para cando o reparto dos longos beneficios, habidos incluso en plena crise económica? Defender o emprego contra á precarización. Estes son os obxectivos, hoxe pola mañá, dos traballadores diante da Casa do Concello de Narón.

Enlace a Diario de Ferrol (Columna xa semanal “Letras de Cambio”).

#Megasa: cuñas radiofónicas e audio concentración 14 de xuño

Déixovos aquí as cuñas radiofónicas feitas polos amigos Miguel Castro, André Pequeno Monstro, Melaski e Iago en solidariedade cos traballadores de Megasa Siderúrxica S.L.

Cuña Megasa Siderúrxica 1

Cuña Megasa Siderúrxica 2

E aquí o audio das intervencións de Carlos Bascoy e Vicente Rivas (Comité de Empresa), na concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, por cortesía de Fer @FucoBuxan:

Audio Intervención Comité de Empresa Megasa Siderúrxica 14-06-2013

Grazas aos cinco.

Todos estes materiais están baixo unha licenza CC BY-NC-ND 3.0 ES

Megasa Solución!

 

#Megasa Siderúrxica Fotos

Se pinchades sobre as fotos, estas dan un tamaño maior. Así mesmo, están baixo a licenza aquí indicada:

Licenza de uso Creative Commons BY-NC-ND 3.0 ES

1. Entrevista coas deputadas socialistas Beatriz Sestayo (Parlamento Galego) e Paloma Rodriguez (Congreso) 4 xuño 2013:Megasa-PSdeG-PSOE040613Megasa050613Asemblea

 

 

 

 

 

2. Asemblea

traballadores 5 xuño 2013:

 

 

 

 
3. Entrevista co voceiro do BNG Jorquera, Mercedes Tobío (Coordinadora Comarcal) e Villamar (Concelleiro Narón), 6 xuño 2013: Megasa_BNGJorquera060613

4. Entrevista con Yolanda Díaz e Suso Basterrechea (AGE), 7 xuño 2013:

Megasa070313_AGE
5. Previo á entrevista co Conselleiro de Industria, onde o Comité de Megasa Siderúrxica estábamos acompañados do Alcalde de Narón (Xosé Manuel Blanco) e os voceiros dos grupos municipais do Concello (TeGa, PSdeG-PSOE, BNG e PP), así como polo Secretario Xeral de MCA-UGT Ferrol (Suso Pérez), 11 de xuño 2013:

Megasa110613Cons.Industria:

6. Participación dos traballadores de Megasa na Folga Comarcal do 12 de xuño de 2012, fotos de Focmont @FucoBuxan:

Megasa120613_1 Seguir lendo