A partir do minuto 7,50.
Arquivo da categoría: Audio
“Manuel Cendán, poeta”. Raúl Salgado, Cadena Ser Ferrol.
“Aprendín no instituto”. Entrevista de Henrique Sanfíz para Radio Fene / Radiofusión.
“O Instituto de Fene logrou despertar en min un pensamento crítico” afirma Manuel Cendán que ven de publicar o poemario “A Terra infinita” na editorial Balea. Tamén aprendín solidariedade nas mobilizacións en defensa de Astano e contra a reconversión, indica. Cita en concreto ao profesor Xosé Manuel Sarille e ao seu tío, o traballador do naval, Leonardo Dopico.
#Megasa: Manifestación 25 de Xuño e fotos
Comos sabedes este martes 25 de xuño sairá a manifestación dende a propia Megasa ata a Casa do Concello de Narón, ás 18h. Ao día seguinte sairán os autobuses, ás 7,45h tamén dende Megasa, para a Marcha sobre o Parlamento Galego.
Se pinchades aquí, podedes baixaros a cuña radiofónica, convocando á cidadanía á manifestación.
Se pinchades sobre a foto, debéravos abrir a galería das fotos da concentración do venres 14 de xuño, que houbo diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, onde pedimos unha entrevista co presidente Núñez Feijóo.
A cuña é por cortesía de Miguel Castro e as fotos son de Fer @FucoBuxán.
Todos estes materiais están baixo unha licenza CC BY-NC-ND 3.0 ES
#Megasa: cuñas radiofónicas e audio concentración 14 de xuño
Déixovos aquí as cuñas radiofónicas feitas polos amigos Miguel Castro, André Pequeno Monstro, Melaski e Iago en solidariedade cos traballadores de Megasa Siderúrxica S.L.
E aquí o audio das intervencións de Carlos Bascoy e Vicente Rivas (Comité de Empresa), na concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, por cortesía de Fer @FucoBuxan:
Audio Intervención Comité de Empresa Megasa Siderúrxica 14-06-2013
Grazas aos cinco.
Todos estes materiais están baixo unha licenza CC BY-NC-ND 3.0 ES
Megasa Solución!