Soria

Esta non será a última reforma do sector eléctrico. O Ministro de Industria fixo malabares, pero nin por asomo garante tarifas máis baixas para as familias, nin para uso industrial. Máis gastos para os cidadáns e menos competitividade para as empresas.

Realmente, pretendía Soria acoutar unha herdanza de Aznar. A “liberalización” do sector de 1997; que provocou un enorme pelotazo enerxético, acompañado de privatizacións de grandes empresas públicas e que agora son un problema de país. A suposta “auto-regulación do mercado” é unha falacia; son palabras da propia patronal AEGE española.

Sectores estratéxicos como o da enerxía deben ser de titularidade pública, de todos os cidadáns. O PP é hoxe o principal problema para a nosa economía. A derrota das súas políticas unha necesidade para saír da crise. É cuestión de sentido común. Cuestión de Estado.

Enlace a Diario de Ferrol

Con Megasa

Non ten sentido pedir a solidariedade do agresor. Así, en ningún momento, os traballadores de Megasa pediron tal ao PP. Este ten maioría absoluta nos Parlamentos español e galego. Que deixen as escusas e que rectifiquen a orde ministerial que cuestiona o futuro de Megasa. O PP é goberno e non necesita a ninguén.

Non hai “herdanzas”. Son Feijóo e o Ministro Soria, quen facendo oídos sordos das alertas da Comisión Nacional da Enerxía, o fixeron para beneficiar a unha empresa en concreto, sen reparar nos danos colaterais: os traballadores e as familias de Megasa. Foi Aznar quen provocou as “liberarizacións” do chan e do sector enerxético, en favor dos especuladores, así como a suba das tarifas domésticas e para as industrias.

Por iso, o futuro do PP nesta comarca está ligado a Megasa; os traballadores reclaman xa unha solución que garanta o seu futuro.

Enlace a @DiarioFerrol

#Megasa: Manifestación 25 de Xuño e fotos

Comos sabedes este martes 25 de xuño sairá a manifestación dende a propia Megasa ata a Casa do Concello de Narón, ás 18h. Ao día seguinte sairán os autobuses, ás 7,45h tamén dende Megasa, para a Marcha sobre o Parlamento Galego.

Se pinchades aquí, podedes baixaros a cuña radiofónica, convocando á cidadanía á manifestación.

MegasaSolución!Se pinchades sobre a foto, debéravos abrir a galería das fotos da concentración do venres 14 de xuño, que houbo diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, onde pedimos unha entrevista co presidente Núñez Feijóo.

A cuña é por cortesía de Miguel Castro e as fotos son de Fer @FucoBuxán.

Todos estes materiais están baixo unha licenza CC BY-NC-ND 3.0 ES

#Megasa: cuñas radiofónicas e audio concentración 14 de xuño

Déixovos aquí as cuñas radiofónicas feitas polos amigos Miguel Castro, André Pequeno Monstro, Melaski e Iago en solidariedade cos traballadores de Megasa Siderúrxica S.L.

Cuña Megasa Siderúrxica 1

Cuña Megasa Siderúrxica 2

E aquí o audio das intervencións de Carlos Bascoy e Vicente Rivas (Comité de Empresa), na concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, por cortesía de Fer @FucoBuxan:

Audio Intervención Comité de Empresa Megasa Siderúrxica 14-06-2013

Grazas aos cinco.

Todos estes materiais están baixo unha licenza CC BY-NC-ND 3.0 ES

Megasa Solución!

 

#Megasa Siderúrxica Fotos

Se pinchades sobre as fotos, estas dan un tamaño maior. Así mesmo, están baixo a licenza aquí indicada:

Licenza de uso Creative Commons BY-NC-ND 3.0 ES

1. Entrevista coas deputadas socialistas Beatriz Sestayo (Parlamento Galego) e Paloma Rodriguez (Congreso) 4 xuño 2013:Megasa-PSdeG-PSOE040613Megasa050613Asemblea

 

 

 

 

 

2. Asemblea

traballadores 5 xuño 2013:

 

 

 

 
3. Entrevista co voceiro do BNG Jorquera, Mercedes Tobío (Coordinadora Comarcal) e Villamar (Concelleiro Narón), 6 xuño 2013: Megasa_BNGJorquera060613

4. Entrevista con Yolanda Díaz e Suso Basterrechea (AGE), 7 xuño 2013:

Megasa070313_AGE
5. Previo á entrevista co Conselleiro de Industria, onde o Comité de Megasa Siderúrxica estábamos acompañados do Alcalde de Narón (Xosé Manuel Blanco) e os voceiros dos grupos municipais do Concello (TeGa, PSdeG-PSOE, BNG e PP), así como polo Secretario Xeral de MCA-UGT Ferrol (Suso Pérez), 11 de xuño 2013:

Megasa110613Cons.Industria:

6. Participación dos traballadores de Megasa na Folga Comarcal do 12 de xuño de 2012, fotos de Focmont @FucoBuxan:

Megasa120613_1 Seguir lendo