Nas últimas décadas pasamos das vellas urbes pensadas como complemento para as industrias, ás cidades de servizos que dependían da capacidade de consumo ou das políticas asistenciais, das administracións locais, a unha revitalización do concepto do “dereito á cidade”. Entendendo este como un dereito real e permanente a facer das nosas urbes un espacio de liberdade e desenvolvemento das capacidades das persoas e do seu dereito á felicidade, facer da cidade o espazo vital e humanizado que debe ser.
Así unha vez máis, Canido volve a ser unha referencia fundamental do Ferrol que queremos. Mañá á tarde – no seu Centro Cívico – poderemos ser partícipes dunhas xornadas sobre unha cidadanía activa e a construción da cidade que necesitamos, empezando por un urbanismo inclusivo, proxecto de vivenda básica e coñecer a presentación, a cargo da propia asociación de veciños, da “Estratexia Canido 2030”. Alí estaremos.
https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/dereito-a-cidade/20190508200922255778.html
mensaxe subliminal: contra o asalto dos coches, bancos de pedra e flores de amor. Non son quen para saber se estas flores son axeitadas para o Cantón, pero – cando menos – si resultan mellores que seguir deixando estragalo todo (outro asunto é que estas cousas merezan unha planificación pequena, máis grande ou medidas disuasorias). Pode parecer un tema menor, pero é un xeito de ir aprendendo cales son as prioridades.