Con Sánchez, si

Convocados pola executiva federal, a militancia socialista votará o acordo de goberno do PSOE con Podemos. Así, este sábado, os socialistas de Ferrol e Narón pasarán pola Casa do Pobo da rúa da Igrexa. Indubidablemente, ábrese unha situación inédita na política española, aínda que xa son históricas as coalicións de esquerda no ámbitos autonómico e local.

Fronte a este acordo as dereitas, tutelados polos sectores ultras, xunto cos seus tertulianos afíns e os sectores máis rancios da xerarquía católica – que aínda non saben convivir en democracia – pretenden impoñer outro goberno que busca máis recortes, máis desigualdade e dinamitar o PSOE.

En Ferrol, tras a investidura, espérase as F110 e poñer coto as políticas industriais e eléctricas do PP. E no caso estritamente municipal, debera traer unha relación distinta dos comunes e nacionalistas cos socialistas, agora que son socios de Sánchez.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/con-sanchez-si/20191120204030268695.html

Despois do 10N

Estes días a cocteleira local é unha mestura de tres cousas: a resaca do último pleno municipal, a vitoria socialista nas eleccións xerais do 10N e o acordo previo, para un goberno estatal, entre PSOE e Unidas Podemos.

Aquí, no último pleno, houbo quen xogou a visualizar que Ferrol ten un goberno en minoría, e hai quen pensa que é o inicio do bloqueo contra Ángel Mato e o grupo socialista. O tempo de gracia acabará coa aprobación – ou non – dos novos orzamentos municipais.

Así e tras o 10N, o PP local terá que afinar para non alimentar a unha ultradereita, que xa ninguén dúbida, que contaría hoxe con presenza no Concello. Comunes e nacionalistas son incapaces de explicar porque só as súas coincidencias coa dereita local “si son un feito do normal funcionamento democrático”. En calquera caso, a cidadanía acaban de castigar tanto aos que bloquean, como aos que negan a colaboración entre as esquerdas.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/despois-do-10n/20191113225925268275.html

A fráxil memoria

A primeira consecuencia, de que nacionalistas e comunes deixaran en minoría ao grupo socialista, foi a prórroga do derradeiro orzamento de Jorge Suárez. Iso non significa que haxa actualmente “desidia e parálise no Concello”, e máis cando hai unha activa presenza da actual equipa nos medios de prensa, produto do traballo dun goberno que non ten horarios, algo tradicional en todas as alcaldías socialistas en Ferrol.

É certo que hai atrancos na maquinaria municipal. Falta persoal que poida atender adecuadamente determinados servizos e trámites, necesarios para sacar adiante a actividade de goberno. Consecuencia dunha decisión do mandato de José Manuel Rey Varela e dos recortes orzamentarios e ataques á autonomía municipal, á orde do ex ministro Montoro que, co paso do tempo, supuxo case un centenar de vacantes sen cubrir no Concello e que Suárez non foi capaz de reverter, por causas tamén coñecidas.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/a-fraxil-memoria/20191106222102267832.html

Sobre orzamentos

Estes días tan revoltos por Cataluña, en Ferrol andamos enredados nos orzamentos por partida dobre. Tanto cos da Xunta de Galicia, como cos que está a preparar a actual corporación da man de Mayte Deus, concelleira de Facenda. Pero, tamén súmase, xa non só a proximidade das eleccións xerais, senón que José Manuel Rey – supoño que co pesar de Iván Rivas – está a exercer o seu papel de principal líder da oposición.

Aínda non coñecemos o avance do borrador dos vindeiros orzamentos municipais, que prometido está que presentarán en breve, unha vez que non caeron na trampa de presentar un para acabar este semestre, como reclamaba toda a oposición. De verdade que estaban dispostos a aprobalo cando, en breve, entraría o correspondente ao 2020? O que si sabemos é que, basicamente os da Xunta, para Ferrol descansan na doazón do señor Amancio Ortega. A dereita saberá se esas son formas de tratar á cidade.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/sobre-orzamentos/20191024001929267134.html

Ferrol – La Rochelle

Vemos como a recente visita das concelleiras de Turismo e Patrimonio Histórico, Mayte Deus e Eva Martínez, á localidade francesa da Rochelle, para participar no proxecto europeo MMIAH, trae novas moi interesantes para traballar a prol do desenvolvemento de Ferrol no eido da promoción e da recuperación do patrimonio marítimo, militar e industrial e cunha serie de medidas que van a axudar a promover o Camiño Inglés e á recuperación do valor urbanístico da Magdalena, A Graña e Ferrol Vello.

Liderar e darlle un impulso a este programa, potenciar o Castelo de San Felipe, ou traballar por recuperar a nosa historia militar e das baterías – que datan do século XVIII en adiante – son cousas que van na recuperación da nosa paisaxe costeira e iniciativas que dan unha visión da potencialidade de Ferrol. Así, non menos importante resulta a reformulación, tan demandada, da Empresa Municipal de Turismo.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/ferrol-la-rochelle/20191016230436266729.html