O acordo da FEMP

A dereita, sen pudor, sumou aos independentistas de Torra na votación da Federación Española de Municipios, obrigando a Caballero a exercer o voto de calidade. O acordo co goberno – que será levado ao Congreso para debate e melloras – deixa en coiros ao PP e “libera” a concellos e deputacións da tan invasiva “Lei Montoro”.

Como resume: queda en suspenso a regra de gasto, haberá cinco mil millóns de euros para axenda urbana e mobilidade sostible, cuidados e cultura. Así como outros catrocentos para transporte e participación nos fondos europeos conseguidos por Pedro Sánchez.

Había quen cría que tras a pandemia do Covid-19 e a achega extraordinaria dos concellos ían poder afondar nun modelo municipalista clientelista e subalterno. En Ferrol, a dereita local fai seguidismo de Casado e Abascal no “atraco” reaccionario. Iso si, deixa ao resto da oposición municipal na obriga de elixir acompañante.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/o-acordo-da-femp/20200804232722285776.html

A fráxil memoria

A primeira consecuencia, de que nacionalistas e comunes deixaran en minoría ao grupo socialista, foi a prórroga do derradeiro orzamento de Jorge Suárez. Iso non significa que haxa actualmente “desidia e parálise no Concello”, e máis cando hai unha activa presenza da actual equipa nos medios de prensa, produto do traballo dun goberno que non ten horarios, algo tradicional en todas as alcaldías socialistas en Ferrol.

É certo que hai atrancos na maquinaria municipal. Falta persoal que poida atender adecuadamente determinados servizos e trámites, necesarios para sacar adiante a actividade de goberno. Consecuencia dunha decisión do mandato de José Manuel Rey Varela e dos recortes orzamentarios e ataques á autonomía municipal, á orde do ex ministro Montoro que, co paso do tempo, supuxo case un centenar de vacantes sen cubrir no Concello e que Suárez non foi capaz de reverter, por causas tamén coñecidas.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/a-fraxil-memoria/20191106222102267832.html