Revolvendo re-atopei un compacto que foi moi importante no devir do grupo folk Berrogüetto, aquel que conmemoraba os seus dez anos de andainas e publicado no dous mil seis. Era, tamén, un disco de consolidación de Guadi Galego como voz e, dende aquela, a teño sempre presente entre os meus gustos musicais. É certo que tamén son máis de grupos e voces que de estilos.
Son dos que cren que hai unha complicidade cos músicos, e que cando unha obra chega ás mans do público, é propiedade das dúas partes. Así, ocorreu que durante un tempo estiven “enfadado” porque a primeira canción deste disco, “Xente”, foi cedida para unha campaña electoral (aínda que considero esencial o compromiso dos nosos artistas). Tardei un tempo en reapropiarme do “Xente”. E estes días volve a soarme, porque é “xente que namora, diferente, intelixente, xente divertida e que non se vende”.
http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/xente/20150813011024131619.html
Vivimos tempos que resulta difícil saber o que é de verdade información veraz ou simple invención partidaria. Xogan con que as persoas afectadas, nos casos de manipulación, non poden estar sempre desmentindo as falsidades. Máxime cando todo se inventa, porque hai xente que non acepta a decisión democrática da cidadanía. As miñas desculpas á alcaldesa de Madrid por non ter posto en corentena a información sobre o
Hai dez días o sociólogo 