Xaquín

Si, hai algo roto en Navantia e hai quen quere furar nesa ferida, sen decatarse que hai liñas que mellor non cruzar. Pretender mandar calar a quen expresa que hai unha enfermidade nun corpo, non acaba coa doenza e máis vulnerando dereitos fundamentais. Sinalar a un traballador por usar o seu correo de empresa, para expresar unha crítica ante o futuro da mesma, é pretender atrasar o reloxo de Navantia a cincuenta anos atrás.

Seguramente hai quen non sabe que hai que dar paso ao dereito das e dos traballadores a participar no futuro de Navantia. Seguramente hai quen non sabe que da en óso duro, Xaquín García Sinde é un referente dentro e fóra da muralla. Pero, si sabe que este “potencial perigo” ao servizo dos traballadores é coherencia, integridade e defensa do mundo do traballo. Seguramente hai quen en Madrid erra porque considera Ferrol unha cidade provinciana, pero somos o principio de todo.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/xaquin/20190130232449246342.html

Inquilinos

A etapa de desafiuzamentos e os problemas que ocasionan o alugueiro turístico, na vida da cidadanía, ten unha contra parte positiva como é a organización das e dos afectados. Así, están poñéndose en marcha “sindicatos de inquilinos e inquilinas”, incluso no caso barcelonés -recentemente constituído- houbo unha colleita de achegas financeiras usando o sistema de micro doazóns, que permitía a calquera persoa apoiar esta iniciativa.

Resulta moi interesante que grupos de veciñas e veciños queiran impulsar a defensa do dereito constitucional á vivenda e un alugueiro accesible, estable, seguro e digno. Agora estas novas “organizacións sindicais” están nunha campaña de dar a coñecer as súas propostas e provocar cambios nas leis. Propostas que van desde garantir unha maior duración dos contratos, a volta ao IPC ou que as administracións públicas promovan alugueiro de titularidade pública.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/inquilinos/20171214002124210971.html