UGT e CCOO acaban de asinar un acordo coa patronal en materia de flexibilidade interna, estrutura da negociación colectiva, inaplicación de convenios e moderación salarial. A impresión é que os sindicatos pretenden frear a deriva máis ultraliberal do goberno Rajoy, tutelada polo ministro Luís de Guindos, exdirectivo da fatídica Lehman Brothers.
Se ben é certo que os sindicatos deben modular a súa resposta ante un goberno recén elixido nas urnas (que basicamente está a facer pagar a crise ás clases populares), tamén deberan empezar a elaborar un contra discurso e apostar progresivamente pola mobilización social. O contrario é caer no mesmo erro da esquerda, especialmente polo partido socialista, que foron castigados pola súa incomparecencia contra os abusos e o deterioro do nivel de vida.
Hoxe a única reforma laboral eficiente sería aquela que apostara pola xestión conxunta de traballadores e patronal nas empresas; a precariedade do mercado laboral é un dogma ideolóxico que busca debilitar a capacidade de resposta e a “moderación salarial” vai na liña de axudar a concentrar a riqueza en mans dunha minoría avara que impide a recuperación.
Precisamente, si a recesión vén dada pola contracción do consumo e para tirar do conxunto da economía, é cando os salarios dos traballadores deben medrar xunto co emprego público. Se hai estabilidade laboral e maior nivel de ingresos, aumentará o consumo.
Enlace a Diario de Ferrol.
A recente asemblea do socialismo ferrolán, cara ao 38 congreso en Sevilla, reflicte a situación provocada pola federal na liña de debilitar o debate, desviándoo a un cara a cara entre dúas persoas para a secretaría xeral da mesma familia, o social-liberalismo. Á marxe de que no “chaconismo” local quizais destaquen os máis pretos ao ex director daquel Astano da reconversión, Amable Dopico; tamén é ben certo que non só a esquerda do partido está dentro da alternativa que representa Rosa Méndez. 
Por momentos parecen despertar os socialistas. Mais os responsables da derrota seguen empeñados en non darse por aludidos; estanse a presentar como promotores da necesaria renovación. Non teñen asumido que, se ben o PP si ten teito electoral, os socialistas xa non teñen chan. A partir de agora xa non vale con esperar a que o 