Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

Primarias socialistas

O sábado, as e os socialistas galegos cos nosos votos en urna, elixiremos ao noso candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Pero hai quen quere montar barullo, moito barullo. E todo para intentar cuestionar o resultado final deste proceso, se non lle convén a aqueles que se proclaman de seu “barón ou baronesa” do PSdeG. O positivo deste sunami que é a crise económica social que padecemos é levar por diante todo o obsoleto, por iso intentan sobrevivir como sexa.

Ese e non outro é o motivo dos ataques á presidenta da xestora galega do partido socialista. A vella garda das esencias do vello vazquismo (Paco e Pachi) e “confluenzas varias” queren seguir a mandar na praza galega, aínda que sexa a costa de cargarse o propio partido. É a hora da rebelión da militancia socialista, para que quén perdeu as municipais de fai un ano, non siga a mandar. Contra o barullo o mellor é encher as urnas.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/primarias-socialistas/20160526003555155392.html

Máis reválidas

En maio a vella aínda quema o tallo e o PP seguirá a dar a murga coas reválidas. Pois si, seguimos de reválidas no ensino, porque dende a Xunta non queren escoitar ás anpas dos colexios públicos. E se non vai ter ningún peso académico, por que ese empeño de facelo a toda costa, por agobiar xa as nenas e nenos que para o ano van pasar aos institutos? Non se entenden tanto desprezo polo ensino público e polos dereitos da familias.

O asunto é se dunha vez imos á raíz do problema. No ensino público están perfectamente supervisadas a súa calidade e as capacidades do profesorado e do seu alumnado, non necesitan reválidas. Non é xusto que porque non haxa ese control nos ensinos concertado e privado, porque estes últimos non teñan alumnado senón clientes, paguen “xustos por pecadores”. Se a concertada e a privada necesitan reválidas, non poden pasarlle o seu problema ao ensino público.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/mais-revalidas/20160427231128152819.html