Máis reválidas

En maio a vella aínda quema o tallo e o PP seguirá a dar a murga coas reválidas. Pois si, seguimos de reválidas no ensino, porque dende a Xunta non queren escoitar ás anpas dos colexios públicos. E se non vai ter ningún peso académico, por que ese empeño de facelo a toda costa, por agobiar xa as nenas e nenos que para o ano van pasar aos institutos? Non se entenden tanto desprezo polo ensino público e polos dereitos da familias.

O asunto é se dunha vez imos á raíz do problema. No ensino público están perfectamente supervisadas a súa calidade e as capacidades do profesorado e do seu alumnado, non necesitan reválidas. Non é xusto que porque non haxa ese control nos ensinos concertado e privado, porque estes últimos non teñan alumnado senón clientes, paguen “xustos por pecadores”. Se a concertada e a privada necesitan reválidas, non poden pasarlle o seu problema ao ensino público.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/mais-revalidas/20160427231128152819.html

Libros de texto

Un dos primeiros recortes do PP, cando gañáronlle as eleccións autonómicas ao presidente Touriño, foi sacar a gratuidade dos libros de texto. Medida da dereita duramente criticada polo conxunto da comunidade educativa. Así moitas ANPAS, nun exercicio de responsabilidade, decidiron montar o seu propio sistema de préstamo universal e solidario de libros, podendo participar todas as familias á marxe da súa situación económica e laboral.

Agora, dende a Consellería de Educación buscan converter a estas asociacións nunha administración informal e paralela. Queren que muden cara o modelo de bonos -imposto polo PP- e que xestionen os libros só para familias en risco de exclusión social e ata onde cheguen os orzamentos destinados pola propia Administración. O certo, que con Touriño as familias gastaban 8 millóns e con Feijóo gastan 120 millóns de euros.

Enlace web a Diario de Ferrol (Columna semanal “Letras de Cambio”).