É posible abrir portas e ventás a un pacto por Ferrol, sentar as bases da cidade ecolóxica que queremos para este século, construír a nosa forma de estar e entender este mundo globalizado. Apartar o oportunismo e a mediocridade dos que veñen a vivir do conto e as prácticas machistas das herdeiras da sección feminina, que odian ás verdadeiras feministas igualitarias.
A oportunidade vén, outra vez, da man das e dos socialistas, que este último domingo miraron cara ao seu espello. Decidiron pasar páxina, entenderon que non valen nin os xestos nin a palabraría baleiros, que non vale a mala política. É posible un novo programa socialista, saldar as contas pendentes e traballar por un Ferrol con futuro.
É posible unha ecoloxía feminista aplicada a un municipalismo libertador. O resultado das primarias do socialismo local permite que, en Ferrol, a cidadanía poida dicir aquelo de Obama: yes, we can!
https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/a-oportunidade/20181121225120242001.html

O sábado, as e os socialistas galegos cos nosos votos en urna, elixiremos ao noso candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Pero hai quen quere montar barullo, moito barullo. E todo para intentar cuestionar o resultado final deste proceso, se non lle convén a aqueles que se proclaman de seu “barón ou baronesa” do PSdeG. O positivo deste sunami que é a crise económica social que padecemos é levar por diante todo o obsoleto, por iso intentan sobrevivir como sexa.