UGT Megasa pola participación o 9 de Marzo

A todos os traballadores/as de Megasa

O pasado 27 de decembro de 2007, sendas delegacións de UGT e do PSOE, encabezada polo noso secretario xeral Cándido Méndez e o Ministro de Traballo Jesús Caldera, respectivamente, tiveron unha reunión onde este último explicou ao sindicato o programa electoral con que o Presidente J.L. Rodríguez Zapatero concorre ás eleccións xerais do 9 de marzo de 2008.

 Destacamos como acertadas as palabras de Cándido Méndez, reflectidas pola prensa: “Nós queremos ter incidencia nas leis e nos debates que afecten aos traballadores, e non ocultamos que pretendemos ter esa interacción a través do Grupo Parlamentario Socialista”.

Seguir lendo

Icía naceu o 16

Icía naceu este mércores dezaseis de xaneiro, ás oito cincuenta da mañá, de parto natural. Tanto a súa nai, Fani, como ela están ben. Icía, despois da primeira noite, que tiña que aclimatarse á nosa situación, dedícase xa moi tranquila, basicamente, a durmir.

Sabela, a agora irmá maior, xa foi a coñecela o xoves pola tarde, parece que tomou ben o ter que compartir a súa vida coa súa irmá menor. Hoxe iremos a recollelas ao Hospital Arquitecto Marcide.

Grazas a todas e a todos.

 

Ic�a recén nacida
Sabela e Ic�a

FALSEDADE HISTÓRICA (Carta aberta a Aymerich)

Manifestación contra ReganosaPor Rafael Pillado (publicado no Diario de Ferrol)

Amigo Carlos, non considerei respostar o teu artigo de xuño, porque a única acusación que me facías, a mín e a outros, era a de ser afiliado do PSOE.

Pero chegado o momento. Precisamente, cando se firmou a acta de funcionamento da planta, coa pretensión de indemnizar os promotores cando se peche Reganosa. Vou mostrar como as túas “Catro verdades sobre Reganosa”, son medias verdades e falsedades:

Primeiro, seguindo a Reganosa, xogas coa planta de gas de Xixón. Escondes que si os promotores houberan querido, esa instalación no porto exterior estaría funcionando, sen oposición algunha.

Segundo, rexeito que o Comité Cidadán de Emergencia crítique soio o BNG. Na comarca de Ferrolterra hai tres organizacións políticas que reclaman “Planta de gas fora da ría”: EU, IF e TG. O resto, con posicions distintas no seo de cada quén, acatan a decisión do poder económico, entre eles o BNG, que mudou a posición que tiña con Xaime Bello.

Pero, hai que sinalar que, contra Reganosa dentro da ría, estamos xentes da dereita, da esquerda e do nacionalismo. Se trata de defendela vida e a supervivencia da ría. Nesa tarefa, non pode haber colores. Seguir lendo

Carod nesto ten razón

Por unha vez, e sen que serva de precedente, Carod Rovira ten razón. Quizais respondeu dunha forma brusca, pero ten razón.

O máis rechamante é a “naturalidade” con que fala o amigo castelán – leonés, dando por feito que está na posesión da verdade, dunha única verdade.

¿Por que nesta España nosa hai xentes que son incapaces de entender que os demais tamén teñen os mesmos dereitos a se expresar e vivir na súa propia cultura? ¿Por que seguen sen entender o principio de igualdade consagrado na nosa Constitución?

Agresión en Mugardos contra o corazón da loita anti Reganosa

Cartel Convocatoria 300907A media tarde o Comité Cidadán de Emerxencia emitía a súa nota oficial, condenando a agresión que onte, sufriron os veciños da Pedreira e Meá. Como xa sabedes houbo algún descerebrado que fixo estoupar un artefacto no aparcadoiro da Escola de Novás, onde se reúnen habitualmente a Plataforma veciñal contraria á ubicación da planta de gas de Reganosa. O estoupido afectou a dúas vivendas causando diversos danos.

A miña solidariedade cos afectados/as e os compañeiros/as da Plataforma mugardesa.

Resulta cando menos curioso que algúns medios falen deste feito como se fose unha protesta contra Reganosa, cando os seus tanques están a uns 600 metros de distancia, e fose tan só a uns metros da entrada do local onde se reúnen en Mugardos as persoas que loitan contra esa tolemia, e que supón instalar dentro da ría de Ferrol a planta de gas, incumprindo as leis vixentes.

O Delegado do Goberno deixaba a porta aberta á autoría desta agresión. Pero, non teño dúbida que os autores da mesma buscan asustar aos veciños. Non ten sentido adosar un artefacto explosivo a unhas vivendas para protestar contra unha instalación que está moito máis alá, a 600 metros. As autoridades están emprazadas para dar pronto cos responsables desta tropelía e entregalos á Xustiza.

Hai anos que aqueles que son contrarios a Reganosa sofren todo tipo de presións, especialmente a xente máis coherente que como Luz Marina leva desde a fundación do Comité, hai xa oito anos. Meu cariño especial e recoñecemento para esta amiga, que é xa un símbolo popular desta loita democrática. Polo que parece, hai algún tolo que quere dar un toque de atención aos amigos e membros do Comité Cidadán de Emerxencia.

A mellor resposta é participar na manifestación deste domingo contra Reganosa, que como sabedes sae ás 12 do mediodía do Porto de Ferrol. En solidariedade cos afectados, coa Plataforma de Meá, con todas as entidades que participan no Comité.

¡Reganosa fóra da ría de Ferrol!

Nota posterior: a manifestación de hoxe domingo, un gran éxito do conxunto da cidadanía e das asociacións participantes. Ler máis.