Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

Saúde!

Estamos na etapa do post confinamento e todo o mundo pendente dos brotes e rebrotes. Pero, polo que din as fontes oficiais dependentes da Xunta de Galicia, a área sanitaria de Ferrol, Eume e Ortegal é unha zona libre de Covid-19.

Deberíamos alegrarnos, pero á cidadanía non lles calma informacións que parten duns gobernos autonómicos que gritaban contra Pedro Sánchez e, agora, escabullen o vulto pedindo unha “coordinación estatal”, cando son eles os que decidiron xestionar a loita contra o virus. Se o Estado volvera a asumir a dirección sería polo fracaso, no caso galego, de Feijóo.

Na zona de Ferrol temos máis de medio millar de casos inactivos e, lamentablemente, trinta e tres mortes. Así que manda a prudencia polo desenvolvemento do verán e sen entender por que o Sergas pecha camas hospitalarias, a atención ambulatoria é por teléfono e outras contradicións. En fin, que todo saia ben. Saúde.

Os nosos areais

É certo que son medidas impopulares na veciñanza daqueles concellos sen praia. Pero, existen en moitos lugares – desde hai anos – pretendendo ser un freo á masificación das praias e dos seus contornos naturais. Si, ter zona de aparcadoiro reservado á poboación censada é unha forma de populismo. Mais, quen pode defender que as diversas poboacións locais non teñan acceso aos areais que teñen a carón das súas parroquias ou barrios?

Nos últimos anos están a chegar, cada vez máis, un maior número de turistas. Quizais vai sendo hora de pensar que tipo de negocio queremos, o que é obvio é que non queremos turismo de botellón, como así xa pasa en determinados concellos do sur de Galicia. Quizais, a nivel comarcal, este sexa un bo asunto para tratar conxuntamente polos nosos alcaldes e alcaldesas, intentar consensos e a integración dos intereses de toda a veciñanza de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/os-nosos-areais/20200715002516284567.html

Os bancos de Armas

Durante anos tivemos, na praza de Armas, aquela extravagancia que ameazaba derrubarse e que, ao mesmo tempo, era o teito do aparcadoiro. O curioso é que houbo un tempo en que pasaba por unha suposta modernidade. O certo foi que en 1951 sacaron o obelisco de Churruca, que marcaba a altura máxima de construción urbanística en Ferrol, para así dar franco de ría ao feísmo e á especulación en toda a cidade.

Houbo un grupo de presión local que logrou condicionar á maioría dos alcaldes, elixidos na etapa da restauración democrática; eles tutelaron a política municipal no acontecer da praza e da Magdalena, durante décadas. Recentemente, houbo quen quería apropiarse dela como buque insignia da súa xestión municipal. Pero, resulta que os bancos non cumpren a normativa oficial. Así que serán reformados e sumaranse un maior número de bancos axeitados á mobilidade e a unha praza histórica que é de todas e de todos.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/os-bancos-de-artmas/20200707232831284168.html

Á expectativa

Recoñezo que todas e todos estamos á expectativa, pero – realmente – non é polas vindeiras eleccións autonómicas do doce de xullo, senón pola evolución dos posibles rebrotes e novos contaxios polo Covid-19. E, quizais, por iso haxa un aumento do uso das mascarillas.

Así, o único ambiente electoral en Ferrol, vén dado polas colas momentáneas que fórmanse no acceso a Correos, onde moita xente está a exercer xa o seu dereito ao voto. Unha estampa máis desta “estraña” campaña autonómica, en plena desescalada, decretada polo actual presidente da Xunta de Galicia, ao que lle vai mellor as enquisas que a súa axenda electoral.

Iso si, tivo tempo para culpar dos posibles rebrotes aos Concellos, cando estes están sós, neste baile de máscaras que son as nosas rúas. Mentres, a Xunta pecha camas de hospitais ou négase a reabrir os centros de maiores. En fin, “nova normalidade” pero vellas teimas.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/a-expectativa/20200630225430283782.html

Embigos

O acontecido este sábado na rúa Pardo Bajo en Ferrol, pero tamén en moitas localidades galegas, é síntoma de cousas que están pasando desde a supresión do estado de alarma. Amosa, de xeito claro, que ninguén está ao mando en Galicia na verdadeira desescalada. Os concellos fan o que poden, mentres o presidente Feijóo está – como hai meses – unicamente á campaña electoral, máis porque se hai que reprimir determinados comportamentos sempre é impopular en período electoral.

Agora que o “papel de malo” corresponde á Xunta de Galicia que sexan as policías locais ou as asociacións de hostaleiros quen asuman unhas tarefas para as que non están preparadas, cando ademais o caldo de cultivo foi a rebelión que, desde o primeiro momento, houbo nos ultras e na dereita para boicotear ao Goberno de España. O certo é que a mensaxe que transmitiron foi ben clara: o comunitario non importa, só o embigo de cada quen.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/embigos/20200623232013283323.html