Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

Cartas

Cando digo que o escritor ferrolán José Torregrosa ten cousas en común con Antonio Gramsci, non pretendo comparalo co gran pensador da esquerda europea. Máis, si afirmar ese vínculo que os une; ambos estiveron nas cárceres fascistas, e ambos escribiron as súas respectivas “Cartas” dende alí.

Explícome. O amigo Torregrosa este verán revisando vellos papeis atopou unha carpeta do seu pai. Dentro estaban as cartas que el mesmo escribía á súa familia dende o cárcere da Coruña. José Torregrosa foi procesado a raíz dun feito histórico fundamental para a Historia de Galicia: a represión franquista do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. Lembremos que a ría ferrolá, xunto con Euskadi, Navarra, as áreas industriais de Barcelona e Madrid, e o campo cordobés eran as zonas onde había unha maior oposición organizada á Ditadura.

Ler máis

Souto de Leixa: privatización ao pé da casa

En moitas ocasións temos escoitado e reproducido o discurso das organizacións políticas, sindicais e sociais de esquerda en relación á vontade privatizadora dos servizos públicos por parte dos gobernos da dereita. Este discurso, enmarcou desde sempre esta ansia privatizadora, na necesidade do capital financeiro de expandir a súa actividade a aqueles ámbitos da vida que teñen recoñecida a cualificación, na nosa sociedade, de dereitos básicos, como son a saúde e a educación.

Nos últimos anos, con reivindicación e moito esforzo, o dereito á asistencia para todas aquelas persoas que presentan diversidade funcional, ou dependencia, comezou a estar recoñecido, aínda que sen chegar aos niveis que acadaron o dereito á saúde e á educación. Aínda que os servizos criados para atender estas necesidades non chegaron a ser nunca universais, si cubrian as necesidades básicas e teñen convertido aos servizos públicos dos que disfrutamos, nun referente mundial, un modelo a seguir e conquistar por moitos outros países dos distintos continentes.

Este discurso que alertou sempre do perigo das privatizacións, foi moitos veces asimilado mais como un referente a ter en conta, que como unha realidade. As privatizacións, entre outras, da construción e xestión de futuros hospitais e centros de saúde por parte da actual Consellaría de Sanidade, mobilizou miles de persoas e anunciaba un novo tempo onde a protección dos servizos públicos quedaba desconectada. Mais é agora, cos plans de privatización, por vía de urxencia, do centro “Souto de Leixa”,que vemos ao pé da casa que o tsunami privatizador está a piques de varrer todo o noso sistema de protección social.

Ler máis

Resistencia

Estes días estivo en Galicia o hondureño Bartolo Fuentes, xornalista, redactor da revista “Vida Laboral” e dos informativos “Común Noticias”. Participante da loita dos traballadores das maquilas, organizador de sindicatos en San Pedro Sula e El Progreso. Actualmente, é o coordinador da FNRP para o Departamento de Yoro.

A Fronte reúne a un gran número de entidades políticas, sindicais, e sociais contrarias ao réxime ditatorial actual, e que van dende o centro á esquerda; aínda que a maioría dos seus membros non pertence a ningunha organización concreta, cidadáns indignados contrarios ós golpistas, e que se definen de seu simplemente, como resistencia pura.

Ler máis

Rey Varela

Estamos mergullados nunha longa precampaña, a pesar de ser en maio do 2011 as eleccións municipais. Iso tamén marca máis o desacertado que anda o candidato do PP. Necesitado de propaganda acaba de presentar unha proposta, de remodelación dos Cantóns, esencialmente similar á existente no Plan Urban como apunta o concelleiro de urbanismo, o socialista Ánxel Mato.

A maiores dunha peregrina idea de que goberne a lista máis votada, aínda que non teña apoios suficientes…

Ler máis