Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

Alcaldables

A metade do mandato chegou e comezan a aparecer as primeiras enquisas, que xa están a condicionar a política local. A verdade que sabemos aquelo que todos intuíamos: a data de hoxe, Ángel Mato ten máis posibilidades que ningún outro de seguir sendo alcalde. Pero, aínda hai xogo no campo.

José Manuel Rey está de sorte porque ten opcións e, iso, vaille traer os mimos do PP galego e do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. Pero, depende en grande medida da capacidade de colaboración na esquerda ferrolá.

Os socialistas teñen que implementar o cumprimento do seu programa electoral, erro sería adoptar unha actitude conservadora, pese á complicada situación na Corporación de Ferrol cun goberno en minoría. En FeC necesitan reformular a súa estratexia e no BNG un pouco máis de ambición e, ambos os dous, asumir que non son a alternativa. É todos darse conta de que a cidadanía reclama sumas e acordos.

https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2928239/alcaldables

Axuda no fogar

Se a política municipal ten sentido é precisamente para traballar pola cidadanía, e unha sociedade que mereza o nome como tal debe prestar especial atención aos máis vulnerables. Por iso resulta curioso que todo aquelo que ten que ver coa área de Benestar Social sexa sempre o “patito feo” e nunca se poña a súa labor en valor.

Estes días vense de aprobar o novo servizo de axuda no fogar. Un dos máis importantes contratos que vai redundar nun beneficio directo á cidadanía, pero tamén ás propias traballadoras (maioritariamente son mulleres) que estarán subrogadas e con mellores condicións que as actuais.

Este é un contrato que xustifica de seu un mandato municipal. E por moito que algúns pretendan minusvaloralo é un grande feito e unha realidade a súa transcendencia. É un xeito de facer cidade, porque – se algúns aínda non o saben – Ferrol é a súa cidadanía, sexan usuarios ou xente traballadora.

https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2891275/axuda-no-fogar

Vídeo presentación “A Terra Infinita” no Centro Cívico de Canido, Ferrol.

Moitas Grazas a Balea Editora, á Asociación Veciñal de Canido, á Asociación de Acordeonistas, a Muíño do Vento por acollerme e a Roberto Taboada.

Débolles moito a Joaquín Enríquez, a Lucía Barros Miñones e a Beatriz Leonardo por acompañarme na mesa.

Muito obrigado coa xente que asistiu, tanto presencialmente como on line. Son os verdadeiros e verdadeiras protagonistas.