Pilar Cancela

Pilar Cancela, Palexco 2015.

O PSOE tivo este martes o mitin central en Coruña. Un Palexco ateigado para arroupar a Pedro Sánchez e á cabeza provincial Pilar Cancela, ó líder do PSdeG Gómez Besteiro e ó cabeza ó Senado, Ángel Mato. Un mitin que doulle a volta á campaña, os socialistas son a principal referencia da esquerda e alternativa a Rajoy. Aqueles que xogan a esnaquizar ao PSOE, dende as dúas dereitas máis aqueles que se proclaman “rupturistas”, non esperaban un cheo como o deste 8 de decembro.

E este mitin ten un nome por dereito propio. Pilar Cancela. A ela tocóulle ser a columna central do PSdeG e de Gómez Besteiro, por iso tanto lle dan… pero, foi impresionante. Carácter, empatía e solvencia. Un auditorio entregado. Para a historia da campaña queda a súa frase a prol da abolición da prostitución, en sintonía co título dun artigo recente da súa colaboradora, a ferrolá Eva Martínez. Volve o PSdeG.

Publicado hoxe no Diario de Ferrol, columna “Letras de Cambio”:

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/pilar-cancela/20151210005032141044.html

Miscelánea

O tempo dirá se, a asemblea de onte, é a máis importante das últimas décadas para os traballadores de Megasa. Acontece isto por un exemplo claro de como o dereito de propiedade -que sempre debe estar supeditado ao interese xeral- vulnera os dereitos laborais. Como diría Bensaïd a propiedade duns poucos é a desposesión dos demais.

O PSOE ten unha oportunidade en Podemos, se aparta a quen o ata ao pasado inmediato da crise. Estou cos socialistas gregos integrados en Syriza e porque cambiemos o mundo de base. O camiño das esquerdas está na súa unidade, programa e hexemonía.

Engado á miña biblioteca o “Alabardas” de Saramago. A novela que el non puido rematar. Isto déixanos a posibilidade de ir quizais polos mesmos camiños do portugués. Ser o Artur Paz Semedo que busca a verdade da fábrica de armamento e das súas reflexións sobre o lado escuro da política.

Enlace web a Diario de Ferrol.

Mirás

MirásNov2014

Onte remataron a recollida de avais para as primarias socialistas e antonte esta columna. Salvo sorpresas, dan por seguro que a votación provincial vaise disputar entre Manuel Mirás e Julio Sacristán.

Mirás é membro da executiva galega, a súa é unha proposta que busca recuperar coherencia e credibilidade socialdemócratas. Tamén, é unha meta volante de Besteiro na súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia. Sacristán vén da man do exsecretario de organización de Fernández Moreda -Emilio Vázquez- e a nivel local conta co apoio do Grupo Municipal Socialista.

En Ferrol, espérase que a deputada Beatriz Sestayo desborde a Veloso. Todo o mundo sabe que este proceso non é problema para ela. Salvo ausencias xa anunciadas, deberá dicir con quen quere ir ás municipais. Iso si, necesita da vitoria de Mirás, Sacristán sería un éxito póstumo da voceira municipal.

Publicado o 18 de novembro no Diario de Ferrol (enlace web).