O amigo e artista Víctor García Novás expón estes días na Casa da Cultura de Valdoviño.
Desde o 16 ao 31 de xullo. O horario é de Luns a Venres: de 12 a 14h e de 20 a 21,30h. Sábados: de 12 a 14h.
Acompañan os seus óleos, tintas e acrílicos, os textos e os poemas de Rosa Méndez, Guillermo Ferrández, José Torregrosa e Juan C. Valle.
Víctor é xa un artista ferrolterrán consolidado que ademais reflicte na súa pintura o seu compromiso social. A súa aposta pola transformación da sociedade en clave de progreso. Esta é unha exposición que non debérades perdervos. Vale a pena asistir.
Parabens a Valdoviño e á concellaría de cultura por esta decidida aposta, que xa é un clásico neste concello nos veráns.
Os blogs están a alcanzar unha gran importancia nas novas formas de comunicación directa e están a condicionar, incluso, as axendas e formas de actuación dos políticos, líderes de opinión e medios de comunicación.
Estas xornadas están tamén a amosar a gran importancia que a Rede de Blogs Socialistas ten como aglutinador dunha nova expresión das ideas de esquerda, onde unha inmensa parte dos seus membros nin sequera son afiliados, e están a permitir a aqueles que non tiñan unha voz, agora si a teñan.
Fronte a aqueles que consideran que RBS é unha especie de poder fáctico dentro ou, pola contra, correa de transmisión do Partido; hai que dicirlles que erran. A importancia de RBS está na súa capacidade de sumar vontades plurais e diversas nun proxecto de transformación democrática nesta España e neste mundo globalizado.
Estas xornadas, obviamente, terán un alto grado de análise da importancia da Rede, os Blogs e a conformación dunha opinión pública informada e crítica. De cómo xeneralizalo acceso a Internet ao conxunto da poboación, entendido este como un dereito básico que non pode ser condicionado pola censura, polos intereses mercantís ou por esta marea de canóns que parecen querer deixar a Rede só para os sectores pudientes.
Déixovos o programa en formato PDF, e salientar que entre outros será inaugurado polo Coordinador de RBS e amigo, o compostelán Enrique Castro, creador dun interesante proxecto de televisión na rede chamado Eblogtv.
Lamento non poder estar persoalmente en Valencia esta fin de semana, pero, na medida das miñas posibilidade seguireino “on line”, o cal para min serán tamén un descubrimento novidoso de cómo utilizando estas novas ferramentas pódese participar desde o outro extremo desta España plural.
Parabéns para Enrique, a RBS e a Organización Sectorial de Participación Cidadá.
Hai uns días escoitei na Radio Galega, creo que foi en “Lume na Palleira” a un novo grupo formado por dúas mulleres alumnas do Romaní. As Sete Saias.
No vídeo poderedes comprobar que son moi boas nesto da música (como curiosidade dicir que as arpas pesan sete quilos). Recoméndoas e agradezo a quen mo mandou ao meu correo electrónico o enlace a youtube.
Este grupo é unha mostra máis da grande explosión cultural e musical que vivimos en Galicia dende hai uns anos. Unha conversa, esta, que mantíñamos na cea posterior á Homenaxe Galega Lois Armada (alcalde socialista de Cariño), Salorio (concelleiro do BNG de Pontedeume) máis eu, nunha mesa preto de Isaac Díaz Pardo. A cousa empezou facendo un recorrido pola historia de Milladoiro e acabamos falando de que en cada recuncho do país hai un grupo de mozos/as facendo música e a distribución pola Rede.
Cousa que non me deixa de sorprender porque nesto da música en Galicia é algo máis que voluntarismo. Faltan canles axeitadas de distribución, mercado e consumidores para non depender das Institucións públicas ou financieiras galegas.
Aquí os músicos necesitan compaxinalas súas carreiras artísticas con outros traballos alleos. Desto da música non se vive. É algo militante, agás moi poucos grupos ou solistas.
Non me deixa de sorprender tampouco a incapacidade dos medios de comunicación españois para facilitar e propagar a música desta e nesta España plural, sobre todopola contaminación tan grande que as radio fórmula teñen do mercado anglosaxón.
Aquí hai un bo momento cultural e musical, non soamente no folk, senón no pop, jazz galego, teatro, literatura… e non debería ser só cousa de iniciativas particulares a propagación da cultura, aínda que en algúns sectores haxa que vela forma de racionalizalo e traballar a prol dunha viabilidade á marxe do principal promotor cultural galego (a Xunta de Galicia), estou a pensar, por exemplo, no numeroso grupo de pequenas editoriais que existen e dependen basicamente da políticas de subvencións.
Déixovos co Sete Saias e o seu “Rompendo a Marea”. Que vos guste.
Xa está todo a punto, maña venres 2 de marzo no Teatro Jofre, e por iniciativa da Asociación Cultural Fuco Buxán, da que Isaac Díaz Pardo é socio de honra, terá lugar o acto central da súa Homenaxe Galega.
O grupo Milladoiro pechará o acto central cunha dedicatoria especial para Isaac. Este acto central empezará co son da Marcha do Antigo Reino de Galicia que será tocada polo gaiteiro Victor Agulló, tamén en honra a Isaac.
Haberá unha serie de intervencións, tanto de dirixentes políticos, sindicais como dunha serie de poetas.
O programa previsto é o seguinte:
Acto Central da Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo
Siguen as adhesións á Homenaxe que este venres haberá aquí en Ferrol a Isaac Díaz Pardo, como mostra de que este feito traspasa o ámbito da cultura e atinxe a toda a sociedade galega, reproduzo o comunicado do Comité de Empresa de Megasa, onde o meu sindicato, a UGT ten maioría absoluta: