Esta fin semana en Valencia terán lugar as Segundas Xornadas de Blogs + Cidadanía organizadas pola Rede de Blogs Socialistas (RBS) e a Organización Sectorial de Participación Cidadán do PSOE.
Os blogs están a alcanzar unha gran importancia nas novas formas de comunicación directa e están a condicionar, incluso, as axendas e formas de actuación dos políticos, líderes de opinión e medios de comunicación.
Estas xornadas están tamén a amosar a gran importancia que a Rede de Blogs Socialistas ten como aglutinador dunha nova expresión das ideas de esquerda, onde unha inmensa parte dos seus membros nin sequera son afiliados, e están a permitir a aqueles que non tiñan unha voz, agora si a teñan.
Fronte a aqueles que consideran que RBS é unha especie de poder fáctico dentro ou, pola contra, correa de transmisión do Partido; hai que dicirlles que erran. A importancia de RBS está na súa capacidade de sumar vontades plurais e diversas nun proxecto de transformación democrática nesta España e neste mundo globalizado.
Estas xornadas, obviamente, terán un alto grado de análise da importancia da Rede, os Blogs e a conformación dunha opinión pública informada e crítica. De cómo xeneralizalo acceso a Internet ao conxunto da poboación, entendido este como un dereito básico que non pode ser condicionado pola censura, polos intereses mercantís ou por esta marea de canóns que parecen querer deixar a Rede só para os sectores pudientes.
Déixovos o programa en formato PDF, e salientar que entre outros será inaugurado polo Coordinador de RBS e amigo, o compostelán Enrique Castro, creador dun interesante proxecto de televisión na rede chamado Eblogtv.
Lamento non poder estar persoalmente en Valencia esta fin de semana, pero, na medida das miñas posibilidade seguireino “on line”, o cal para min serán tamén un descubrimento novidoso de cómo utilizando estas novas ferramentas pódese participar desde o outro extremo desta España plural.
Parabéns para Enrique, a RBS e a Organización Sectorial de Participación Cidadá.
Recomendo tamén ler as conclusións de Enrique Castro sobre as Xornadas:
http://enriquecastro.wordpress.com/2007/04/02/2as-jornadas-blogs-ciudadania-mis-impresiones-y-conclusiones-finales/
Unha aperta Manuel.
Pareceme que non che gustou o comentario que fixen a goberno respecto a meter os nosos cartos,excedentes da S.Social,pra xugar con eles na bolsa.Xa vexo,que non toda opinion goza do talante suficente pra pasar a criba do politicamente correcto.Non insistirei mais,ala vos,dentro de un anaco,habedes de pedir o voto,enton seremos ciudadans hasta a proxima cita,unha apreta Manolo
Nicasio: A verdade que non lembro que dicía o teu comentario. Pero, é evidente que segues sen entender nada despois de tantos anos que nos coñecemos.
Vaiamos por partes:
1. Unha cousa é proponer temas ou avanzar ideas, outra é utilizar o espazo dunha persoa para facer a propia bitácora. Recoméndoche que abras a túa propia. Un exceso de comentarios que non teñen que ver, inicialmente, co tema do título, é tamén unha especie de spam.
2. Non son quen de dar leccións de linguaxe. Pero, creo que o que pasa é que falas mellor que escribes, o cal dificulta seguir os teus comentarios.
3. A esquerda non necesariamente é máis radical cando máis o é a súa linguaxe.
4. O blog persoal dunha persoa, con militancia social, só identifica a esa persoa e non necesariamente ao/ aos grupos sociopolítico/s nos que milita. Nin a política oficial deses grupos ten porque ser asumida, necesariamente, pola persoa e o seu blog. A isto chámase liberdade blogger.
Dito con cariño: abre a túa bitácora na rede. Saúdos e até a próxima.
Tienes razon,es tu blog,como tal,es licita tu respuesta,perdome mi comentario,un saludo y mi aprecio