Os traballadores de Megasa súmanse á Homenaxe galega a Díaz Pardo

Sello Homenaxe D�az PardoSiguen as adhesións á Homenaxe que este venres haberá aquí en Ferrol a Isaac Díaz Pardo, como mostra de que este feito traspasa o ámbito da cultura e atinxe a toda a sociedade galega, reproduzo o comunicado do Comité de Empresa de Megasa, onde o meu sindicato, a UGT ten maioría absoluta:

 

“O Plenario do Comité de Empresa de Megasa Siderúrxica S.L., celebrado en Narón o xoves 22 de febreiro de 2007 acorda a seguinte Resolución:

 

Este Comité de Empresa é coñecedor dos actos que conforman a Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo, organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, e cuxo Acto central celebrarase o vindeiro 2 de marzo de 2007 no Teatro Jofre de Ferrol, así como dos diversos actos das diversas Entidades ao longo de Galicia, que se sumaron á Homenaxe.

 

Considerando que en Isaac Díaz Pardo sobresaen o seu compromiso a prol das liberdades democráticas e nacionais de Galicia, a súa clara aposta polo avance da sociedade galega, o seu compromiso e esforzo persoal ao longo dunha dilatada vida intelectual, empresarial, social, que o convirte por mérito propio nun dos máis salientables Creadores e dinamizadores da nosa Terra, chegando a converter as súas iniciativas persoais e empresariais en verdadeiros emblemas da identidade nacional de Galicia, de todos nós como Pobo, comprometidos cos valores da igualdade, da integración, do progreso e da defensa dos valores humanos;

 

Este Comité de Empresa, no seu nome e do conxunto dos traballadores de Megasa Siderúrxica, manifesta o seu fondo recoñecemento pola talla humanística, progresista e galega de Isaac Díaz Pardo; e a súa adhesión á Homenaxe Galega organizada ao seu socio de honra, e referencia indiscutible do conxunto do Pobo Galego, da Asociación Cultural Fuco Buxán de Ferrol.

(Asdo. O Presidente e o Secretario do Comité de Empresa)”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.