Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

A SEPI e Astano baixo o feitizo de Penélope

(En español)

A reconversión naval segue a estar moi viva na comarca de Ferrol. Aínda, hoxe en día, non hai a tan desexada reindustralización. Basicamente, padecemos unha perda de capacidade productiva, de emprego, competitividade e de perda de poboación.

O feitizo de PenélopeNon me gusta que patrimonio social do conxunto dos cidadáns como son as empresas públicas e os seus activos pasen a mans privadas. O desprezo polo Sector Público e a intervención do Estado son un prexuizo ideolóxico dunha dereita económica oportunista ansiosa de rápidos e fáciles beneficios crematísticos.

Creo que é posible e desexable un potente sector público diversificado que reforce o Estado de Benestar e a Democracia Industrial. Ademais, a privatización ou segregación sempre pode derivar en especulación cunhos apetitosos terreos costeiros ou cunhas subvencións públicas que nunca se recuperan. Xunto cunha nula responsabilidade social da empresa privada.

Por iso, calquer proceso que leve a Navantia Fene, á antiga Astano, á segregación, a unha segunda privatización, debe facerse con todas as garantías que impidan outro fracaso en mans privadas.

Seguir lendo

A Bitácora do Nordés ten casa nova

Acabei a mudanza. Estiven un tempo ata aprender un pouco como funciona esta plantilla, e finalmente mudei de Bitacoras.com a WordPress. O día 20 de xaneiro fixen o derradeiro post en http://nordes.bitacoras.com; a partir de hoxe seguirei escribindo nesta nova ubicación.

Casa XogueteComo sabedes Bitacoras.com, ten desde hai bastante tempo moitos problemas, tanto para publicar, como para acceder e poder comentar. A verdade que eu estaba contento con aquela bitácora, pero así non se podía continuar. Tiven, ademais, a sorte de que ata hai pouco tiñan na núa equipa ao compostelán David Martínez, a así, entre o que un foi apredendo e os consellos que recibía, o certo é que lle din moito uso á bitácora.

Pero, agora xa estou nesta nova casa. Queda, obviamente, arreglar os erros propios da migración a este novo sistema, arreglar algúns enlaces e algunhas fotos (así como arreglar a nova edición en español: Bitácora Café). Terei que ampliar as categorías, xa que inicialmente estaba pensada para ter xuntos os artigos que fun publicando desde 1999 no Diario de Ferrol e pouco máis. Mais, esto foi collendo moito máis corpo. Un sabe como empeza, pero non sabe a onde lle poden levar os camiños. Ademáis, o falar non ten cancelas.

Así que perdón polas molestias e benvidos a esta nova singladura da Bitácora do Nordés.

Madrugada de Reis

“Hola rei, lembra comelas galletas. Bicos”. Este é a mensaxe que tiña no meu teléfono móbil á saida do traballo e pouco antes de regresar a casa de madrugada.

Hoxe, se é que algunha vez a tuvo, o Día de Reis xa non ten ningún significado relixioso. É sobre todo unha gran festa, non sei se para os nenos ou especialmente para os maiores que ollamos aos nosos fillos pequenos.

Aquí tamén vemos o exceso da Sociedade de Consumo. Un exceso de xoguetes, tantos que materialmente lles é imposible atendelos. E o laico e republicano Noel gañoulle a batalla nesto dos regalos aos tres Magos de Oriente. Sinxelamente, porque chega antes.

Unha vez, sendo un neno, descubrín no fallado da casa as bicicletas que nos debían traer os Reis Magos. Alporizado fun a contarllo á miña mai, mentres tanto a miña tía as cambiaba de sitio. Así que cando nos levaron ao meu irmán e a mín, para deixar clara a miña “equivocación” estas non estaban. Lembro a resposta que lle din á miña mai a pesar de que xa pasaron varias décadas: “aos nenos non se lles engana”.

Pregúntome, tendo en conta que o lúdico desta festa sempre pódese manter, senón sería mellor dicirlles aos nenos, que esto acontece sencillamente porque os queremos.

En español

ETA DISOLUCIÓN

Levo todo o día pegado aos medios de comunicación. Primeiro foi a estúpida execución de Sadam Hussein e desde as nove da mañá é o novo atentado de ETA. A estas horas aínda nada se sabe das dúas persoas desaparecidas baixo os entullos da Terminal 4 de Barajas. Miña solidariedade con elas e as súas familias.

Evidentemente, ETA deixa fóra de xogo o proceso de Paz. Rompe a tregua indefinida que eles mesmos proclamaron hai nove meses. Polo tanto, son os únicos culpables do que está a acontecer e poida acontecer no futuro.

Pero, estamos na situación que desde o PP querían. Ruptura do proceso de fin dialogado que debía conducir á disolución de ETA. Para mañá o sr. Alcaraz, portavoz da AVT, xa ten convocada, desde pouco despois do atentando etarra, unha manifestación en Madrid. ¿Será esta unha ocasión para que o PP e o seu principal mentor ante as víctimas manifesten o seu rexeitamento fronte a ETA, e a súa adhesión ó Goberno de España? ¿Ou unha vez máis ETA pasará a un segundo plano, e amosaran, de xeito radical o seu odio a un Goberno democrático?

Pobre Otegui. As súas palabras amosan que non entende nada. Eles son o prezo político que ETA está disposta a pagar por continuar tutelando a vida política vasca e enturbiando a española. Sen proceso de Paz, sen disolución de ETA, Batasuna non poderá concurrir por segunda vez a unhas eleccións no País Vasco. Ningún partido pode existir en democracia sen concurrir ás eleccións, sen ter representación institucional, sen participar na vida política. ¿Cando tempo tardarán os seus electores en buscar un novo referente político? ¿Quen serán os beneficiarios do travase de votos… EAHK, Aralar, EA, PNV…?

ETA non quere entender que xa son pasado. Probablemente, creron que coa actitude dos actuais dirixentes do PP, tiñan unha posibilidade de botarlle un pulso ao goberno. Que podían sacar tallada política. E desde o PP creron que podían poñer de xeonllos ao Goberno se fracasaba o proceso. Grave erro por parte dos dous.

Neste país se pode entender as dificultades dos sucesivos gobernos na súa loita contra o terrorismo. Pero, non se pode entender a deslealdade do principal partido da Oposición.

Os españois esperamos cas distintas forzas políticas democráticas respalden ao Goberno Zapatero. É de sentido común.

De principio a fin: ETA disolución.

En español

O Nadal; ACSUR e Eblogtv.es.

Estamos, desde principios de novembro en Nadal, porque así o queren os comerciantes e as grandes áreas comerciais. A verdade que me parece un exceso. Levo algún tempo, e o repito cada ano por estas datas, dicíndolle á miña xente, que abonda con consumir un pouco menos.

Árbol NavideñoEn España pasamos dun incipiente Estado de Benestar, que inda non temos desenvolvido adecuadamente, a unha Sociedade de Consumo, cuxas regras son que para estar integrado hai que consumir cada vez máis, sobre todo se o que adquires non o necesitas realmente.

Até onde imos chegar. Agora para que un rapaz de once anos este integrado cos seus compañeiros necesita ter un móbil. ¿É isto normal? ¿Cara a onde imos?As nosas cidades están repletas de luces que non necesitamos. Un consumo irresponsable e innecesario. Despois virán as grandes empresas enerxéticas a nos defender a enerxía nuclear, como desculpa da suposta demanda cidadá. O que agachan é que basicamente é rendible porque a eles lle aporta uns enormes beneficios (aínda cós residuos hipotequen o futuro). Se o sistema está colapsado, quizais vai sendo hora de que apostemos por outra forma de xerar enerxía. Unha proposta: co mesmo sistema que privatizou as grandes empresas enerxéticas, deixando fóra da propiedade común á inmensa maioría dos cidadáns, recuperemos o uso social destas empresas.

Unha empresa social xeradora de enerxía non necesita repartir beneficios económicos aos seus accionistas. De feito, eses grandes beneficios poderíanse usar en implementar as instalacións, o seu paso a enerxías limpas e renovables, e a baixalo custe do recibo da luz. Outro xeito de facer democracia.

En todo caso, retomando a idea primeira. Un menor consumo persoal supón unha maior liberdade.

ACSUR e Eblogtv.es

Tedes aquí unhas fotos de Miguel Romero e Jordi Pedret, persoas vinculadas á ONG ACSUR, dos que xa vos falei aí atrás (débovos uns comentarios específicos sobre estas dúas persoas. Fareino máis adiante).

Por outra banda, aínda non acabo de me explicar porque Enrique Castro, na súa televisión por internet, chamada Eblogtv, e que está a preparar un documental titulado “Galicia”, considerou de interese vir a Ferrol a entrevistarme. Toda unha honra, pero estou seguro que hai moita xente máis interesante pola blogosfera galega. Grazas, Enrique.

Para finalizar: os que me seguides sabedes que Bitacoras. com., ten cada día máis problemas, tanto para publicar como para acceder ao meu blog. Tamén levo a bitácora do Comité Cidadán, e ten o mesmo problema.

O asunto é que levo un tempo reflexionando sobre qué facer. Estes días tomarei unha decisión definitiva (ou case). En calquera caso, o dominio http://manuelcendan.com, sempre vos redireccionará á miña páxina. Estes días estou aprendendo a traballar con wordpress, pero aínda non sei como vai acabar esta historia.

En todo caso: Feliz Festas e Feliz 2007. Os crentes lle daredes o perfil relixioso (o cal paréceme ben, faltaría máis), aos demais nos abonda celebrar o fin de 2006 e a entrada do 2007 (si algo únenos a crentes e aos que non o somos é precisamente a laicidade democrática do país).

Unha aperta a todos e a todas (católicos, protestantes, xudeus, musulmáns, agnósticos, ateos…). Unha aperta fraternal ao pobo palestino.