Estamos, desde principios de novembro en Nadal, porque así o queren os comerciantes e as grandes áreas comerciais. A verdade que me parece un exceso. Levo algún tempo, e o repito cada ano por estas datas, dicíndolle á miña xente, que abonda con consumir un pouco menos.
En España pasamos dun incipiente Estado de Benestar, que inda non temos desenvolvido adecuadamente, a unha Sociedade de Consumo, cuxas regras son que para estar integrado hai que consumir cada vez máis, sobre todo se o que adquires non o necesitas realmente.
Até onde imos chegar. Agora para que un rapaz de once anos este integrado cos seus compañeiros necesita ter un móbil. ¿É isto normal? ¿Cara a onde imos?As nosas cidades están repletas de luces que non necesitamos. Un consumo irresponsable e innecesario. Despois virán as grandes empresas enerxéticas a nos defender a enerxía nuclear, como desculpa da suposta demanda cidadá. O que agachan é que basicamente é rendible porque a eles lle aporta uns enormes beneficios (aínda cós residuos hipotequen o futuro). Se o sistema está colapsado, quizais vai sendo hora de que apostemos por outra forma de xerar enerxía. Unha proposta: co mesmo sistema que privatizou as grandes empresas enerxéticas, deixando fóra da propiedade común á inmensa maioría dos cidadáns, recuperemos o uso social destas empresas.
Unha empresa social xeradora de enerxía non necesita repartir beneficios económicos aos seus accionistas. De feito, eses grandes beneficios poderíanse usar en implementar as instalacións, o seu paso a enerxías limpas e renovables, e a baixalo custe do recibo da luz. Outro xeito de facer democracia.
En todo caso, retomando a idea primeira. Un menor consumo persoal supón unha maior liberdade.
ACSUR e Eblogtv.es
Tedes aquí unhas fotos de Miguel Romero e Jordi Pedret, persoas vinculadas á ONG ACSUR, dos que xa vos falei aí atrás (débovos uns comentarios específicos sobre estas dúas persoas. Fareino máis adiante).
Por outra banda, aínda non acabo de me explicar porque Enrique Castro, na súa televisión por internet, chamada Eblogtv, e que está a preparar un documental titulado “Galicia”, considerou de interese vir a Ferrol a entrevistarme. Toda unha honra, pero estou seguro que hai moita xente máis interesante pola blogosfera galega. Grazas, Enrique.
Para finalizar: os que me seguides sabedes que Bitacoras. com., ten cada día máis problemas, tanto para publicar como para acceder ao meu blog. Tamén levo a bitácora do Comité Cidadán, e ten o mesmo problema.
O asunto é que levo un tempo reflexionando sobre qué facer. Estes días tomarei unha decisión definitiva (ou case). En calquera caso, o dominio http://manuelcendan.com, sempre vos redireccionará á miña páxina. Estes días estou aprendendo a traballar con wordpress, pero aínda non sei como vai acabar esta historia.
En todo caso: Feliz Festas e Feliz 2007. Os crentes lle daredes o perfil relixioso (o cal paréceme ben, faltaría máis), aos demais nos abonda celebrar o fin de 2006 e a entrada do 2007 (si algo únenos a crentes e aos que non o somos é precisamente a laicidade democrática do país).
Unha aperta a todos e a todas (católicos, protestantes, xudeus, musulmáns, agnósticos, ateos…). Unha aperta fraternal ao pobo palestino.
Querido Manuel:
Agradezco tu saludo y tus atenciones. Para tí envío cariño y fuerza fraterna en estas fiestas lo mejor de mí para tu vida y quienes la rodean.
Sinceramente, Carolonline.
Gracias a ti y Feliz 2007, sobre todo ahora que ya no teneis a Pinochet e iniciais una nueva etapa en Chile.
Manuel, coincido no que comentas sobre o nadal e o consumismo. É realmente un exceso todo o que se gasta nestas datas, e habería que buscar o xeito de poñerlle freo.
Sobre o cambio ao WordPress, se che serve de algo, eu recoméndocho.
Un saúdo,Manuel, tamen coincido no que comentas, tanto no exceso do consumo ,como o problema de acceder a bitácora.Feliz ano