Acabei a mudanza. Estiven un tempo ata aprender un pouco como funciona esta plantilla, e finalmente mudei de Bitacoras.com a WordPress. O día 20 de xaneiro fixen o derradeiro post en http://nordes.bitacoras.com; a partir de hoxe seguirei escribindo nesta nova ubicación.
Como sabedes Bitacoras.com, ten desde hai bastante tempo moitos problemas, tanto para publicar, como para acceder e poder comentar. A verdade que eu estaba contento con aquela bitácora, pero así non se podía continuar. Tiven, ademais, a sorte de que ata hai pouco tiñan na núa equipa ao compostelán David Martínez, a así, entre o que un foi apredendo e os consellos que recibía, o certo é que lle din moito uso á bitácora.
Pero, agora xa estou nesta nova casa. Queda, obviamente, arreglar os erros propios da migración a este novo sistema, arreglar algúns enlaces e algunhas fotos (así como arreglar a nova edición en español: Bitácora Café). Terei que ampliar as categorías, xa que inicialmente estaba pensada para ter xuntos os artigos que fun publicando desde 1999 no Diario de Ferrol e pouco máis. Mais, esto foi collendo moito máis corpo. Un sabe como empeza, pero non sabe a onde lle poden levar os camiños. Ademáis, o falar non ten cancelas.
Así que perdón polas molestias e benvidos a esta nova singladura da Bitácora do Nordés.
¡Qué bella casita tienes! Un abrazo chileno en vacaciones. Carola.
¡Qúe bella casa!