Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

Non imos á deriva, imos a babor.

Hai tempo que os aparatos dos partidos apartaron as e aos seus militantes, deixando a relación coa sociedade a través dos medios de comunicación (aínda que hoxe as e os propios militantes vénganse dos seus dirixentes a través das redes sociais). En calquera caso, craso erro porque isto pon ás formacións políticas baixo as botas dos grandes mass media e dos seus intereses económicos, é dicir, políticos, porque ao final todo é un.

Así, vemos que aproveitando esa situación privilexiada dos medios de comunicación convertidos en instrumentos para a realización de proxectos alleos á cidadanía, hai quen usa o seu medio para, dende ese atril ou púlpito dicirnos o que debemos facer e, polo tanto, aspira a condicionar ou dictar directamente a axenda polìtica.

Eu son dos que cre que non imos á deriva, cando menos este país, e que se o resultado electoral do 20 de decembro de 2015 foi o que foi, nin por asomo é un erro da cidadanía, que escusa, polo tanto, facer autocrítica do seu “voto de castigo”. E máis, a actual situación política, inédita dende hai décadas, debera definitivamente abrir un novo ciclo político, que dunha vez por todas peche o da Transición da ditadura á monarquía parlamentaria. É este un momento político que require dunha gran doses de imaxinación e tecer un novo relato político, establecendo un novo contrato social e outro tipo de alianzas políticas que leve tanto a España, como a nosa nación galega, a unha democracia avanzada.

Polo que, entón, rexeito o discurso de quen xogando coas palabras veñen a disertar de xeito moralizante sobre a pugna polo poder. Como se este de seu fose algo malo, e non como a expresión dunha sociedade con intereses contrapostos. Non é máis que un vano intento de agochar a loita pola hexemonía política e cultural que hai en todas as sociedades onde a desigualdade é intríseca e a riqueza dunha minoría básase na exclusión da maioría de eses mesmos bens, produto dun esforzo colectivo. Seguir lendo