O acordo da FEMP

A dereita, sen pudor, sumou aos independentistas de Torra na votación da Federación Española de Municipios, obrigando a Caballero a exercer o voto de calidade. O acordo co goberno – que será levado ao Congreso para debate e melloras – deixa en coiros ao PP e “libera” a concellos e deputacións da tan invasiva “Lei Montoro”.

Como resume: queda en suspenso a regra de gasto, haberá cinco mil millóns de euros para axenda urbana e mobilidade sostible, cuidados e cultura. Así como outros catrocentos para transporte e participación nos fondos europeos conseguidos por Pedro Sánchez.

Había quen cría que tras a pandemia do Covid-19 e a achega extraordinaria dos concellos ían poder afondar nun modelo municipalista clientelista e subalterno. En Ferrol, a dereita local fai seguidismo de Casado e Abascal no “atraco” reaccionario. Iso si, deixa ao resto da oposición municipal na obriga de elixir acompañante.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/o-acordo-da-femp/20200804232722285776.html

320 millóns

A primeira consecuencia das eleccións catalás é unha lea entre Cidadáns e o PP por ser hexemónicos na dereita e que cuestiona o apoio dos primeiros aos orzamentos do Estado, pero o ministro Montoro, tan capaz el de facer amigos onde vai, pretende chantaxear ao Partido Socialista senón vota o que el quere. De momento, bloquea a parte que corresponde ás Comunidades e que estas xa teñen consignados nas súas propias contas.

A xogada é clara. Ou tragan os socialistas ou as Autonomías non poderán facer fronte aos servizos á cidadanía. No camiño tamén colle a aquelas que aínda son gobernadas polo PP. Iso si, nin Núñez Feijóo nin Miguel Tellado din nada deses 320 millóns de euros secuestrados á nosa terra por Facenda. A situación do país permite que un partido en franca retirada use os resortes gobernativos, aquí é onde vese o erro histórico de Iglesias vetando un goberno de Sánchez.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/320-millons/20180110234439213029.html

A batalla de Madrid

A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, buscou o apoio do PP para aprobar o seu Plan Económico e Financeiro. Con ela Podemos e Iglesias, enfronte o Partido Socialista, IU e Ciudadanos. Non quería batallar contra o ministro Montoro e agora no novo orzamento os investimentos en políticas sociais, limpeza, medio ambiente e os destinados aos barrios obreiros da capital española terán unha baixada dun 71%, así como a conxelación salarial para as e os traballadores municipais.

O PP gaña a batalla de Madrid. Tras a súa derrota municipal, cunha xestión dubidosa, moita dela nos tribunais de xustiza e cando a esquerda logra sanear as contas públicas, a dereita impón o seu programa facendo trampas na regla de gasto e usando o goberno de España para intervir a autonomía municipal. Podemos e Ahora Madrid teñen un grave problema. O PSOE a obriga de ser quen de levantar unha nova política.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/a-batalla-de-madrid/20171220214022211409.html