Portos

Parellamente ao enésimo accidente en Punta Langosteira, Greenpeace vén de criticar a construción do seu Porto Exterior, que considera innecesario ao ter fronte da Coruña o Porto Exterior ferrolán. Mais o certo é que estes días Portos do Estado acaban de librar outros 250 millóns de euros para ver se así conclúen as obras do porto coruñés, onde todos están de acordo en que é o peor dos emprazamentos posibles e que, unha vez en funcionamento, estará boa parte do ano inoperativo polas situacións medioambientais da zona elixida.

Un novo orzamento que vén sumarse a outros 753 millóns de euros, produto das sucesivas medidas erróneas tomadas, que gravaron este investimento pagado por todos. Isto contrasta co que está a acontecer co Porto Exterior ferrolán. O presidente de quenda Cesáreo Fraga, na xunta da Asociación Impulsora do Plan Ferrol esixía ás Institucións afectadas un pronto remate das obras portuarias e dos accesos a Caneliñas. O necesario para finalizar as mesmas resulta ser sensiblemente inferior ao crédito librado estes días polo Ministerio de Fomento e o ICO, na súa sinatura coa presenza do alcalde coruñés para Punta Langosteira.

Non son chegados aínda os tempos para o remate das obras e dos accesos ferroviarios do Porto Exterior de Ferrol? Que pensan sobre todo isto o alcalde de Ferrol e os diversos grupos municipais? Cal é o posicionamento da executiva socialista ferrolá?

Ler artigo no Diario de Ferrol.

Cocido Feijóo

Polo resultado do Consello da Xunta de Galicia celebrado este xoves en Ferrol, parece que a falta dunha festa do cocido como en Narón, aquí sérvelles simplemente con sacar a foto co seu candidato á alcaldía, José Manuel Rey Varela.

Algunhas “novidades” son un Auditorio sen equipamentos ou o anuncio do enésimo plan para os “terreos ociosos” da antiga Astano. En fin, resultados que van de acordo cos orzamentos da Xunta para Ferrol reducidos nun corenta por cento…

Ler máis no Diario de Ferrol

Jesús Candil

O Plan Ferrol leva dende o ano 2006 incentivando a creación de empresas en Ferrolterra, Eume e Ortegal, nun intento de diversificación e reindustralización tras as sucesivas reconversións. É realmente o único instrumento que comparten diversos axentes sociais, especialmente patronal e sindicatos, maila ao desmarque recente da CIG (que ten bicefalia interna). Entre outras cousas, porque non hai ningunha outra alternativa para a recuperación económica nesta parte do país.

Ler máis