Cando saía do traballo, foi na Radio Galega onde por boca do periodista ferrolán Pichi Varela, souben que os aplausos dos concentrados diante do Xulgado ao Patrón Maior, Bernardo Bastida, e un pequeno empuxón serviron de escusa á policía para cargar brutalmente contra os cidadáns.
É lamentable que Reganosa este a conseguir que os poderes públicos sigan as súas consignas. E cométese un grave erro xudicial e a indefensión dos cidadáns, contra os abusos empresariais e das administracións.
Levamos anos de xulgado en xulgado, cos recursos contra a instalación da planta de gas, e nunca vimos que se actuara coa mesma contundencia contra as ilegalidades de Reganosa e os seus cómplices. A prisión incondicional decretada contra o Patrón Maior, non polo acontecido cos gaseiros, senón por outros procesos que seguen abertos, amosa que a operación política contra os defensores da vida e da nosa ría estaba ben planificada.
Ao igual que a operación militar que onte mércores deixou illada a ría de Ferrol. En todo caso, o achegamento das barcas ao gaseiro, xa atracado no peirao da planta de gas, amosa, unha vez máis a falta de seguridade para as persoas. Onte, dirixentes sindicais evidenciaban a non existencia dun Plan de Emerxencia para a poboación, e que desde a regasificadora din que é competencia da Xunta de Galicia.
Pero, está claro que nesta loita os argumentos técnicos, medio ambientais, de defensa da nosa ría e das nosas vidas, non van valer nada, ou iso queren. Teñen decidido que debemos fincar os xeonllos ante Reganosa. Só unha axeitada e fría resposta cidadá pode poñer as cousas no seu sitio, sobre todo porque hai quen quere provocar unha saída irracional á situación, violentando o estado de dereito.
Para este domingo está xa convocada unha manifestación, ás doce do mediodía, para esixir que a planta de gas sexa traslada ao Porto Exterior, en defensa dos dereitos fundamentais, entre eles o dereito a vivir sen perigos, de solidariedade con Bernardo Bastida.
Ao saír do traballo, compañeiros meus comparaban o acontecido con Marzo do 72. Probablemente, pouco teña que ver. Máis, é a referencia dunha loita democrática contra as inxustizas e de defensa da democracia, cando ademais os poderes públicos teñen abandonados aos cidadáns.
Moita calma. Esta é unha loita moi longa, que deberemos saber gañar a pesar dos atrancos e as provocacións. Calma, moita calma. Usemos a cabeza.
Cheguei hai pouco do Cuartel da Garda Civil, situado no barrio de Canido, onde teñen detido ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores, Bernardo Bastida. Xa sabedes que os cidadáns da ría de Ferrol foron quen de deter a entrada ilegal dun novo gaseiro para Reganosa, o Mourad Didouche, que agora está fondeado na ría de Ares, co obxectivo de intentar asaltar a ría ferrolá na tarde de mañá.
Quero empezar cos parabéns ao meu novo alcalde 
Así este sábado 12 xa houbo outra manifestación, que probablemente sería moito maior de ser na mañá do domingo (na Radio Galega falaban de mil cincocentas persoas, as cifras do Comité as elevan a dúas mil). É dicir, Reganosa e os seus cómplices o teñen igual de difícil, cando menos. Con dous graves problemas: hai un amplo consenso cidadán en contra de Reganosa (e agora máis, xogan coa nosa vida) e os dirixentes cidadáns amosaron as súas calidades como líderes sociais (de feito, unha parte fundamental proceden da loita contra a Dictadura). Esta non deixa de ser a loita democrática dun pobo contra os depredadores.