Ferrol á esquerda (unha análise rápida)

Logo PSG - PSOEQuero empezar cos parabéns ao meu novo alcalde Vicente Irisarri, a Iván de Fene, a Katy de Narón (¡aguantade as presións de Gato e os seus amigos!), Armada de Cariño… (que perdoen os non nomeados/as).

A verdade que os resultados foron moitísimo mellor do que eu contaba. No post anterior hai evidentemente erros de apreciación pola miña parte. Quizais un exceso de prudencia, levar vinte anos asistindo ás mesas electorais e o clásico intercambio 13/12 entre a dereita e a esquerda ferrolá, fixeron que non captara ben a profundidade do cambio na miña cidade.

¿Que fai que as dereitas, PP e IF, queden fóra de xogo en Ferrol?

1) Reganosa metendo o primeiro gaseiro (anúnciase xa outro para esta tarde, asistide á concentración no Porto de Curuxeiras a partir da 13.30 horas se podedes), e Fuco Buxán coa edición do libro “Muros de Silencio”; meteron no centro do debate electoral os riscos que para a poboación da ría de Ferrol supón a tolemia de instalar a planta de gas en medio dela.

2) Durante todo este mandato o goberno saínte de PP e IF tiveron fronte a eles aos movementos sociais e veciñais: Edificio da Praza de España, Menáncaro, Sartaña…

3) Vicente Irisarri, aparece como un candidato solvente e que lle permite, nun momento de non loitas internas, capitalizar o descontento social, a presenza socialista na Xunta e no Goberno de España.

4) Yolanda Díaz e Esquerda Unida, vinculándose aos movementos sociais e ás demandas sociais, especialmente a oposición contra Reganosa, duplica resultados. (Permitídeme que felicite a amiga Yolanda).

5) Dúas formacións: PP, e neste caso o BNG, que retiraron os contenciosos xudiciais do Concello de Ferrol contra Reganosa son os grandes perdedores. Juncal perde a Alcaldía, e probablemente, tras o resultado do PP na cidade da Coruña a presidencia provincial do partido.

No caso nacionalista, o apoio do ferrolán Paco Rodríguez – secretario xeral da UPG – a Reganosa fai que en Ferrol rompan o seu chan histórico electoral, caendo a dous concelleiros, perdendo tamén a alcaldía de As Pontes, a isto hai que sumarlle a perda de Fene, que xa ten a Iván como novo alcalde in péctore. (Post data: a venda de Astano a “Barreras” non parece que teña moitos seguidores neste concello).

6) No caso de IF, o outro gran perdedor, pagan a súa xestión urbanística no Concello de Ferrol.

Agora, tras o acordo estatal entre PSOE e IU para formar gobernos municipais, obviamente sería desexable reproducilo en Ferrol. Creo que debéramos, se o BNG quere, facer un tripartito unha vez que quede asegurado este novo pacto de progreso na cidade (a suma de PSOE e EU son maioría absoluta).

Apunte final: esta é unha nova oportunidade histórica que os socialistas deberamos aproveitar para defender as nosas posicións de esquerda, de defensa dos cidadáns e desta nosa comarca. Temos votos e forzas para esixir o noso peso específico, igual que os resto das grandes áreas metropolitanas en Galicia. Depende da nosa determinación.

Non defraudemos as expectativas que os cidadáns depositan en nós.

2 opinións sobre “Ferrol á esquerda (unha análise rápida)

  1. Noraboa aos socialistas de Ferrolterra. Case me parece unha milagre que Fene teña alcalde socialista. Paréceme que fas unha análise axustada dos resultados en Ferrol. A min de sempre pareceume incrible que unha cidade de rango e tradición esquerdista conma Ferrol pudese poñer os ollos en personaxes tan ¿pintorescos? como Fernández e Juncal. Agora ¡A traballar todos! Boa falta lle fai a esa benquerida terra. Saúdos socialistas dende TEO.

  2. Pingback: Marea humana contra Reganosa « Bitácora do Nordés

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.