Agrupémonos…

Escribo esta columna un día antes da convocatoria de Folga Xeral por parte da CIG en Galicia. Á marxe do resultado concreto desta convocatoria, é obvio que teñen dereito a decidir a liña de actuación que queiran; pero as actuais negociacións entre UGT, CCOO e o Goberno Zapatero – alén dos resultados que poidan traer – son produto do éxito da Folga Xeral do 29 de setembro de 2010 e son necesarias. Tamén, é certo que ninguén sensato poderá manifestar discrepancias cos motivos da convocatoria da central nacionalista (a reforma das pensións).

Tamén somos testemuñas de como en cada centro de traballo a falta de unidade de acción da CIG con UGT e CCOO, provocou entre os traballadores unha enorme impresión de falta de rumbo; uns traballadores que teñen claro que a única saída progresista á crise virá dada da nosa unidade ou non será.

Resulta necesario e procedente o debate sindical que se está a dar dentro dos tres sindicatos. Nin sequera o ámbito de mobilización estatal é suficiente. Cando a dereita financeira está a actuar a nivel europeo e internacional, resulta imprescindible unha maior confluencia, cando menos, no ámbito da Europa Occidental. O que tamén implica ir alén da simple unidade de acción ou limitada a unha nación sen estado.

Sería un grave erro que a convocatoria da CIG fose un freo ao reagrupamento sindical. Un amigo, o fotógrafo e debuxante Suso Pazos graficamente presentaba a esta central sindical, xunto con UGT e CCOO, como tres pirámides cuxas bases xúntanse pero as súas cúpulas non son quen de facelo. Hoxe, o movemento obreiro galego, alén deste desencontros, necesita dunha unidade sindical profunda. Unha soa clase traballadora, un so movemento obreiro.

Ver Galicia Hoxe.

P.S. Hai un erro pola miña parte. O debuxo realmente é de Fer. Miñas desculpas aos dous amigos polo que eles xa saben.

3 thoughts on “Agrupémonos…

  1. As bases de UGT estan dacordo co firmado en madird pola cúpula?. E decir, traballar mais anos e cobrar menos, penso que non; Pois xa ves as cúpulas que teñen que mirar para as bases

    • Si, a min non me gusta tampouco o acordo, nin este, nin o anterior. Sigo pensando que so se fixo fincapé na redución dos gastos (e polo tanto das pensións públicas), e nada para aumentar os ingresos, e que é unha porta aberta aos fondos privados (mira o meu artigo “Pensións”, que creo que segue sendo actual).
      En calquera caso, aquí non acaba o mundo, nin a loita de clases. Pero, necesitamos reagruparnos e saber a onde queremos ir. E iso só é posible dende o concepto de hexemonía de Gramsci, o que implica unidade de acción profunda e consenso social entre os traballadores e a maioría dos cidadáns de clase media.
      O concepto de acoso e derribo por folga xeral “revolucionaria” non serve, un grupo de “revolucionarios profesionais” non van acada o resultado final. Temos que avanzar na unidade das esquerdas políticas, sindicais e sociais, e cun fondo contido anticapitalista.
      Apertas.

  2. ….Mantern unha nova xuntanza este mrcores en Vigo para debullar un calendario de mobilizacins. Mentres nin mediadores nin patronal volveron facer unha outra oferta……………………….3 Xullo 2009 …. ….As tres centrais participarn nunha medida de presin que xa tian pensado levar a cabo de xeito conxunto antes de que CCOO declarara rota a unidade sindical…………………………

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s