Os partidos, especialmente se gobernan, son estruturas moi complexas. Iso fai que nas cousas esenciais, como na formación das candidaturas, non valga simplemente cunha maioría mecánica; sobre todo se esta non é produto dun proxecto político cohesionado ou dunha visión compartida de cidade.
As candidaturas non son uns caiucos con indocumentados á procura do seu El Dorado particular. E a política non é un singular xogo da oca, no que un pode ir alegremente de cadeira en cadeira. Pola contra, o compromiso cos electores e coa cidade son os eixos de todo programa político que pretenda ser hexemónico, e ademais transformador.
De aí que a palabra necesaria sexa a de consenso. Produto do acordo co candidato á alcaldía e desa necesidade de aglutinar ao conxunto do partido. Isto non só porque o digan os Estatutos, senón porque é de sentido común. Esa é a tradición democrática, esa é a tradición socialista; así como unha necesidade imperiosa para unha cidade como Ferrol.
A Agrupación Socialista de Ferrol ten a posibilidade real de ser o eixo dun novo Goberno de Progreso nas eleccións do 22 de maio. De revalidar a súa boa xestión deste catro anos.
Ninguén, por moito que pareza emular a Sarah Pallin – e que debera analizar as causas dese fortísimo deterioro da súa imaxe pública – ten dereito a converter a este partido nun lugar inhabitable para os seus militantes, nin moito menos, insufrible para os seus votantes. O camiño da esquerda é claro: consenso.
Ver artigo no Diario de Ferrol.
Esa proposta debe ser a base de unha lista única,con isto, e impedindo o veto sen sentido, poderán tratar de encontrar una lista única, forte e cohesionada, con un programa de todos enfocado a beneficiar a todos os electores de Ferrol.
Unha cousa e facer unha lista dende a oposición, e outra dende o goberno. Neste último caso haberá de se ter en conta, principalmente, as persoas que forman a equipa de goberno. Pretender cambialas para unha seguinte lexislatura e case que darlle a razón a oposición que, lóxicamente, ven decindo que o goberno faino mal. ¿Alguen entendería que un entrenador, por exemplo, admitira que lle despediran ós xogadores cos que está xogando e obtendo bos resultados e impuxeranlle outros, abertamente contrarios ós seus métodos e que van a facer o que lles diga o secretario do club?.
No caso de Ferrol ás persoas con ambicións de postos deben aprazalas para mellor ocasión e deixar que os que gañaron en 2007 e veñen xestionando (ainda que a algúns no lles guste esta verba) o Concello podan continuar facendoo, e deixar que sexa o candidato (e Alcalde) quen decida a quen quere con él.
As ambicións persoais, ademais baseadas en acordos con trampa (que é o que esta a pasar), non son máis que armas para a oposición.
Coidado: os que din que levan algo na cor, o socialismo, por exemplo, son os primeiros que so levan nel os seus intereses.