Neste exercicio Ferrol terá Orzamentos grazas ao acordo do Partido Socialista coa Esquerda Unida de Iolanda Díaz. Resaltar como sinais de identidade dos mesmos os destinados á participación directa dos cidadáns que pasan a tres millóns de euros, así como a suba na zona rural, obras e máis dun vinte e catro por cento no gasto destinado aos servizos sociais e muller, que fixeron posible a aprobación dos mesmos.
Quizais, un bota en falta unha vida municipal cunha maior capacidade de interlocución entre as forzas políticas do Concello, especialmente entre os tres da esquerda (PSdeG, EU e BNG)…
Manolo, outra frase túa incuestionable: “Para a esquerda a súa unidade é unha cuestión estratéxica”. Agora ben, hoxe temos que empezar por o propio partido socialista no que é preciso que todas as forzas, correntes e sensibilidades encaixen nunha candidatura única, fiable, compacta e disposta ao esforzo cohesionado para loitar por Ferrol e a súa comarca. Espero o teu esforzo a prol deste obxectivo irrenunciable. As persoas teñen que ceder as súas preferencias en función das necesidades dos electores.