Militancia

Felipe González en 1993 dixo que entendera a mensaxe. Non foi así. Nomeou a Solbes Ministro, e pactou con CiU unha política plenamente neoliberal, sen concesións. Déficit cero e Pacto de Estabilidade. En 1996 os votantes socialistas máis á esquerda quedaron na casa. Aznar gobernou co apoio de CiU.

Nunha acción conxunta dos tiburóns financeiros e da dereita europea dobregaron a Zapatero e agora, escríbenlle o plan de axuste. Foron axudados polo sector neoliberal do PSOE, Felipe incluído.

Agora este último reclama militancia pura e dura. Leninismo neoliberal. Aínda que para si, Felipe sempre reclamou a heterodoxia socialista. Quizais, por aquelo que dicía Bensaïd: “A miúdo hai máis fidelidade política na infidelidade crítica”. Eu tamén reclamo a mesma heterodoxia.

O plan de axuste e a reforma laboral coloca ao PSOE onde quere o PP. Estamos abocados a afondar na crise coas medidas que queren os que a provocaron. Necesitamos un xiro á esquerda. Banca pública e nacionalización das empresas enerxéticas, participación dos traballadores na xestión das empresas, loita contra a fraude e por unha progresividade fiscal. Democracia económica.

Peche da Bolsa. As pequenas e medias empresas non se financian así, nin sequera as grandes, que acaban recorrendo á banca tradicional. A Bolsa só serve para especular, espoliar e atacar os dereitos dos cidadáns. Usura depredadora.

Militancia pura e dura, si. Pero, para defender á nosa base social, a democracia e o socialismo.

Enlace a Diario de Ferrol

Tamén aparecerá no número 28 da revista de “Razón Socialista” (a piques de saír do prelo).

One thought on “Militancia

  1. Coido que nas presentes circunstancias, todo militante socialista conscente, que non se sinta cautivo do seu cargo institucional ou orgánico se o ten, debe apoiar as mobilizacións dos sindicatos e a folga xeral convocada para 29 de setembro, coincidindo coa manifestación dos sindicatos europeos en Bruxelas. E facelo ademáis sen ningún tipo de reservas.
    Certamente, os traballadores están sendo vítimas da dereita política gobernante en Europa e dos especuladores financeiros, que non son outros que os propios bancos, sorprendentemente axudados nada menos que pola primeira ministra alemana Angela Merkel. Pagan as consecuencias dunha crise da que non son culpables, mentres os que sí o son resultan beneficiados.
    Se o goberno non só non consultóu coas bases socialistas as medidas que está tomando, senón que tampouco as está explicando. Se un socialista como Almunia pode facer en febreiro unhas declaracións críticas coa política económica española,provocando unha caida de 6 puntos na bolsa, e abrindo o camiño os especuladores ¿por qué os socialistas de a pe non imos poder apoiar e participar nunha folga contra estas medidas inxustas?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s