Confesións a dúas antropólogas catalás

Directivos de Fuco Buxán con Susana Narotzky e Irene Sabaté

Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté – facendo un traballo sobre a Megasa Siderúrxica S.L., dentro dun estudo máis amplo da siderurxia en España, e tendo esta vez como centro principal de traballo a cuarta planta da sede da UGT. Na parte na que eu participei trata sobre as relacións que se establecen entre os traballadores da factoría, a empresa, o seu entorno e incluso como afecta as súas relacións familiares. As súas vertentes nas relacións intralaborais, sindicais, políticas, persoais… E esta tamén é unha primeira aproximación á historia social de Megasa, van volver máis adiante.

Quizais, outras das cousas que pasa con isto da antropoloxía é que de algún xeito son traballos que quedan inconclusos, sen rematar. Sempre hai posibilidade de darlle outro enfoque. Por iso, e como Narotzky xa estivo en varias ocasións aquí – ben invitada pola UNED, pola actual concelleira de cultura do Concello de Ferrol Mercedes Carbajales, ou pola Asociación Cultural Fuco Buxán – tamén estivemos falando sobre a transmisión da memoria histórica e a súa reelaboración para a acción política, os liderados carismáticos vs. liderados democráticos, a xénese dos movementos sociais, as estruturas circulares – horizontais dos movementos sociais democráticos fronte ás estruturas leninistas clásicas (absolutamente todos so partidos políticos son en maior ou menor medida organizacións de tipo leninista, militar), os 160 anos de movemento obreiro socialista e a necesidade dunha sínteses para unha nova praxis, Gramsci e o novo bloque histórico; e a xénese de Fuco Buxán… en fin, demasiadas cousas.

Na xénese de Fuco Buxán: a súa orixe e o seu “núcleo duro” primixenio formado por Carmelo Teixeiro, Rafael Pillado, Tino Deibe e un servidor. A conformación da revista “Razón Socialista”, así bautizada por Ocampo, a conformación do Comité Cidadán de Emerxencia, as novas experiencias como a participación en Radio Filispim, en Galiza non se vende, ou no Foro Social Galego, a xente nova de Fuco Buxán (Miguel, María, Suso, Nuria…). O actual Fuco Buxán plural que recolle todas as formas de entender hoxe as esquerdas en Ferrol…

Hai un tempo fixen unha definición da Asociación Cultural Fuco Buxán, da que son o seu socio número 1 – así consta na acta de constitución do 9 de xullo de 1999, de puño e letra de Carmelo Teixeiro – que tivo un relativo éxito, xa que esta foi repetida por directivos tan senlleiros como Rafael Pillado e Enrique Barrera. Dixen que Fuco Buxán é unha asociación de tipo gramsciana, no senso de entender a cultura como un xeito de transformación socialista da sociedade, e que por iso traballábamos por unha nova hexemonía, que nos facilitara a construción dun novo bloque histórico, entendido este como a confluencia do conxunto das esquerdas sociais, sindicais e políticas, dos elementos positivos da alterglobalización e da suma como actores políticos dos inmigrantes e dos pobres. Non só teorizar a unidade da esquerda, senón traballar para iso.

Moitas horas de conversas, moitos debates inconclusos, moitas preguntas a medio responder ou sen respostas. E a modo de exemplo unha que non fun quen de responder: como vaise organizar a esquerda no futuro?

En todo caso, Susana e Irene saben que en Ferrol teñen a súa casa, ou varias casas. Apertas ás dúas ao lonxe… e tremendo do que saia destas confesións impertinentes dun fuco buxán, ao que lle resulta moi difícil desligar a súa militancia socio-cultural, da súa militancia política e sindical socialista e galega.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.