Este xoves pasei a ollar libros na Galería Sargadelos, que sabedes está situada pola parte de atrás da Casa do Concello. A primeira sorpresa foi atoparme con Javier Guitierrez, que agora podedes seguir na serie televisiva “Águila Roja” e que acaba de gañar o premio Max como mellor actor teatral. Como non nos coñecemos, so atrevinme a intercambiar un breve saúdo con el.
Tras revisar as novidades e outros libros, cando marchaba atopeime cun pequeno conto do amigo Ramón Loureiro, titulado “”A saga de San Ferreol”, baseada nunha canción do tamén ferrolán Couce Fraguela, e con ilustracións de Francisco Pérez Porto. Unha das cales acompaña este comentario.
Ramón, amigo, vai desenvolvendo un fermoso conto a partir da suposta chegada de San Ferreol, acompañado polo bispo Maeloc a estas Terras do Nordés, tamén, bautizada por el como Escandoi. Aparecen desde Sete Sereas de varia cor, que probablemente estean emparentadas coas Setes Mulleres do Miño, até a Virxe do Nordés – que todo hai que dicilo está asentado nun antigo lugar sagrado do celtas, Chamorro, que ademais tiña a súa propia pedra de abalar – xunto con lobos e dragóns; todo para que a súa profecía sentara as orixes de Ferrol. Unha terra onde as persoas construirían barcos e compoñerían cancións; co tempo xurdiría o sector naval e a Noite das Pepitas.
Unha terra onde todos e todas as nenas terían o don de que con cada conto que lles contaran antes de durmir, eles e elas nos seus soños farían outro novo, inmensamente mellor. Isto, resulta curioso, faime partícipe, xa que teño un xogo coa miña filla de catro anos; eu cóntolle dous contos e ela, despois, bótase a durmir. Son xa moitos contos, todos inventados e que un día terei que empezar a escribir.
Permitídeme unha confesión inoportuna: realmente este libro non o merquei polas miñas dúas fillas. Este conto o considero un regalo persoal, como outros que o propio amigo Ramón tenme feito.
Apertas Ramón, e grazas por este fermoso conto. Parabéns, a ti, ao autor da canción e ao magnífico debuxante.
Meu querido e admirado amigo, un millón de gracias…!!!
(mandeiche antes outra mensaxe, pero non chegou a saír, seguramente pola miña impericia nas cousas da informática)
Ramón
P.D. Un millón de apertas para ti, e outro millón máis para os teus lectores.
Manuel, amigo, me ha gustado mucho esta entrada. Ya me estoy viendo en la librería Sargadelos de Barcelona buscando el cuento de Loureiro. Pero, sobre todo, me ha gustado que compartieras tus consideraciones sobre los cuentos, la imaginación, los sueños y las relaciones con los hijos. Lo considero propio de amigos de verdad. Gracias por ello.
Unha aperta!
Moitisimas grazas por falartan ben do santo ferreol.moi agradecido.entereime por ramon loureiro.un fondo abrazo dende osedo.aqui estou para o que queira.
Grazas aos tres. A verdade que estou abrumado cos vosos comentarios. O meu só é un modesto comentario a un belo conto.
A cousa é moito máis sinxela, son un apaixoado das xentes que saben do oficio de crear arte, ben sexa a través da escrita, o debuxo, a música…
Grazas pola vosa amizade.
Jordi: si no encuentras el libro ahí en Catalunya, dímelo que te lo mando.
Apertas para os tres.
Mágoa non coincidir contigo. A mín paréceme un conto horrible.
Non coñezo ningún conto horrible; os hai mellores ou peores. Pero, para iso se pintan as cores.
Lo que más me gusta son las ilustraciones de Francisco Pérez Porto.
Y para Manuel Cendán, el arte no solo esta en el dibujo, la escritura, la música, la escultura, la pintura, la arquitectura…… está tambien en la cocina, en la armonia del entorno (nuestra casa), en el arreglo personal, en los jardines bien diseñados……..
A veces sois buenos en “algo” y un desastre en todo lo que considerais que no tiene valor estetico.
Pilar