Eva Martínez

O proceso de asembleas locais das e dos socialistas acaba. É lexítimo que toda/o militante poida aspirar a ir ao Parlamento Galego e moito máis xusto se hai unha necesidade política e o teu propio traballo avala a túa candidatura. Así mesmo, creo que a recente asemblea do socialismo ferrolán venlle ben ao partido e a Ferrol. Non é froito da casualidade, nin todos os problemas están resoltos, pero si é certo que se presenta a agrupación unida contra a dereita.

Si, todas as propostas están por algún motivo. Pero por dereito propio a xornalista Eva Martínez fíxose un oco. Representar ao socialismo ferrolán, todo o seu traballo como secretaria galega de igualdade, ser responsable desta parte do programa electoral para ás autonómicas e antepoñer os intereses da cidade e de Ferrolterra aos seus, convertérona nun dos referentes en Ferrol e no conxunto do PSdeG. O proxecto chamado Ferrolterra rexurde cando sangue nova flúe de seu, xente solvente que supón defensa do noso e renovación.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/eva-martinez/20160728234204161533.html

Precariedade

O actual panorama laboral é dunha gran fragmentación, onde prima a relación individualizada para así garantir a desprotección e despersonalización da e do traballador. Estanse a usar diversos mecanismos como a avaliación individualizada da produtividade, que normalmente básase en criterios cuantitativos e nas características da e do traballador. Isto supón estar exposto a unha gran subxectividade sumado a un sistema arbitrario de obxectivos, cando ademais non veñen acompañados dos medios nin dos tempos necesarios

Estamos nunha concepción da seguridade no emprego que se basa só na empleabilidade, que carga a responsabilidade sobre as e os propios traballadores, dende os fracasos ata o desenvolvemento da súa saúde. O exemplo máis claro é cando dende a propia Seguridade Social, que asume este modelo laboral, ou das propias empresas informan dos custes das baixas laborais. Todo sexa pola despersonalización, todo sexa en favor do capital.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/precariedade/20160706215246159467.html

Sopapo

Dous instrumentos das eleccións xerais foron as enquisas e o “sorpasso”, que acabou en “sopapo”. Vanme dicir que vexo o mundo coas miñas gafas, pero non me creo as excusas das empresas demoscópicas. Non erraron, senón que participaron da estratexia para crear un ambiente determinado, para así axudar a Pablo Manuel e a Bescansa na súa teima de liquidar á esquerda. Pero as armas as carga o demo, as empresas van ter que facer moito para recuperar un mínimo de credibilidade para o futuro.

Tamén vimos como co sorpasso quén se beneficia é Rajoy, o mesmo que cando Anguita. O sorpasso non é máis que unha proposta de cohabitación coa dereita para simplemente cambiar de interlocutores, sen cambiar as políticas de fondo. Pero as cousas entán onde as e os electores queren. Podemos e as súas sucursais axustaranse as contas. No PSOE necesitan unha refundación sen baronías, no ámbito ferrolá vaille mellor cando non interfiren desde o municipal.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/sopapo/20160630010113158912.html

http://resultados2016.infoelecciones.es/99CO/DCO1115903699.htm?d=631&lang=gl&e=0

http://resultados2016.infoelecciones.es/99SE/DSE11999CM.htm?lang=gl