Chile escribe unha nova páxina

En memoria das vítimas do terrorismo pinochetista

“Yo pisaré las calles nuevamenteUnidade Popular
de lo que fue Santiago ensangrentada
y en una hermosa plaza liberada
me dentendré a llorar por los ausentes
yo vendré del desierto calcinante
y saldré de los bosques y los lagos
y evocaré en un cerro de Santiago
a mis hermanos que murieron antes
yo unido al que hizo mucho y poco
al que quiere la patria liberada
dispararé de las primeras balas
más temprano que tarde sin reposo
retornarán los libros las canciones
que quemaron las manos asesinas
renacerá mi pueblo de su ruina
y pagarán su culpa los traidores
un niño jugará en una alameda
y cantará con sus amigos nuevos
y ese canto será el canto del suelo
a una vida segada en La Moneda
yo pisaré las calles nuevamente
de lo que fue Santiago ensangrentada
y en una hermosa plaza liberada
me detendré a llorar por los ausentes”.
(Pablo Milanés)

A Aqueles que queirades seguila actualidade chilena, visitade a bitácora de Carol (http://onlinecarolonline.blogspot.com/).

O Banco Mundial financia o Muro de Israel, pero esixe aos palestinos o seu pago

A través da páxina da ONG ACSUR – Las Segovias, derivei na de Rebelión, onde hai un longo artigo sobre as intención do Banco Mundial para reutilizar o Muro que o Estado de Israel está a construír nos territorios ocupados de Palestina.

Trátase simplemente de utilizar os novos territorios roubados a Palestina para crear zonas especiais de produción industrial, onde sen ningún tipo de dereito, e baixo a vixilancia das tropas israelís de ocupación, os palestinos traballen a cambio de salarios de miseria en produtos que basicamente vaian para a exportación. Unha vez rematado o Muro, este converte a Palestina no maior campo de concentración de toda a historia da humanidade.

Por se iso fora pouco, o BM pretenden que sexan os propios palestinos quen financien este novo apartheid económico. Ademais, desde esta institución internacional consideran cos palestinos gañan demasiado en relación cos salarios do próximo oriente, aínda que estes son un vintecinco por cento do salario medio dun traballador israelí.

Se algunha vez alguén tivera dúbidas para que serven este tipo de institucións financeiras, así como o FMI, ou a Organización Mundial do Comercio – ou da política racista de Israel – esta é unha noticia que, por ser repugnante, abonda para abrir os ollos a toda persoa decente.

Basta xa de masacrar ao pobo palestino. ¿A que xogamos dende a Unión Europea? Con plans económicos como estes estamos devaluando os conceptos de dereitos humanos e de democracia que se converte en algo só instrumental, co único obxectivo de que algúns sexan máis ricos a cambio de expandir a miseria (incluída a moral).

¡Pero, outro mundo é posible. Liberdade para Palestina!

En español
Na Rede de Blogs Socialistas

Israel

Supoño que a estas alturas todos consideramos ca retención dos soldados israelís por parte das milicias palestinas ou libanesas son unha mera desculpa para os gobernantes de Israel. Estamos, por se alguén ten algunha dúbida nunha guerra, que camuflada na “guerra total contra os terroristas” busca simplemente a supremacía do estado sionista sobre os seus veciños árabes.

Sigue a ser unha guerra de conquista, colonial. Un Gran Israel que intenta obrigar a unha nova traza territorial e política para todo o próximo e medio oriente, na liña do Gran Oriente ideado pola ultradereita americana, para mante-lo colonialismo e o control das grandes reservas de petróleo e gas.

O asunto é saber até cando aguantaremos os europeos que Israel e os EE.UU. sigan a incendia-lo noso “patio traseiro”. ¿Esperaremos a que esta mecha prendida chegue ao noso interior, ás nosas cidades? ¿Estamos dispostos a que a nova fase da loita pola descolonización do mundo árabe, á marxe da súa actual roupaxe fundamentalista, se libre na vella Europa?

Porque se os nosos concidadáns de orixe musulmán seguen marxinados da vida social, do emprego, da igualdade, e para máis inri aumentamos, aínda que sexa por pasividade ou complicidade, a humillación aos países dos seus avós. Se os nosos estados europeos non senten respecto polos seus pobos, se en vez de impulsa-la Alianza de Civilizacións seguimos con políticas coloniais, ¿cando tempo tardarán, moitos deses nosos compatriotas, en participar desde o noso corazón, desde os nosos barrios contra a impunidade israelí e os seus aliados e gobernantes nosos?

A Unión Europea debe poñer orden na súa casa e nas súas beiras, aínda que sexa por egoísmo propio. Hai que mandar tropas, pero non para facerlle o traballo sucio a Israel no Líbano, senón para protexer ás poboacións árabes dos ataques das tropas xudías; para recuperar as Institucións de Palestina e do Líbano; para levantar simplemente un futuro (con dignidade).

Non chega con neutralizar a Hizbolá e ás diversas milicias libanesas ou palestinas. Hai que ir á orixe do conflito: Obrigar a Israel a cumprir coas leis, as resolucións internacionais e os dereitos humanos, a que volva ás fronteiras legalizadas pola ONU, de 1947. Obrigarlle a liberar aos presos políticos, ás mulleres e menores palestinos retidos extraxudicialmente. A respectar, de verdade, a existencia dun Estado Palestino independente. Sen isto, todo o demais é perde-lo tempo.

Quen ninguén pretenda equiparar os dous bandos en conflito. Os argumentos de Israel e os seus amigos son de mal pagador. Cando mencionan o que acontece nas súas cidades, rexeitando claramente estes métodos, hai que ter claro que isto é consecuencia da política de Israel. Non se poden igualar aos verdugos coas vítimas, aínda que unha parte delas utilicen a violencia, nunca equiparable á do todopoderoso exército de Israel.

Recoñezo que “sufro de palestinidade”. Que non son neutral. ¿Como ser neutral ante la barbarie e o xenocidio? ¿Como ser neutral nun mundo globalizado onde todos participamos ou padecemos as políticas inhumanas? ¿Como ser neutral ante sesenta anos de terra prometida e persoas humilladas, queimadas, aniquiladas, expulsadas? ¿Como ser neutral á reedición no Muro de Israel dos campos de concentración? ¿Como ser neutral…?

Unha pregunta final aos cidadáns de Israel: ¿Morreron os xudeus nos campos nazis para que os seus netos reeditaran a barbarie nos pobos árabes? Vergonza.

En calquera caso, Europa xa non está en débeda con eles… e si cos pobos árabes.

En español
Na Rede de Blogs Socialistas
En Palestine Coffee Shope
En el Diario de Carol (Chile)
Máis artigos
Campaña contra a guerra dos socialistas de Ferrolterra
Campaña de Amnistía Internacional

Agresión ao Pobo Palestino

As autoridades de Israel aproveitan a covardía europea e a complicidade dos Estados Unidos para agredir, unha vez máis, á poboación palestina.

Esta vez, a desculpa é a captura dun soldado israelí que desde un tanque atacaba á poboación civil.

Desde a visión eurocentrista con moito relaxo chamamos terrorismo ás accións dos diversos grupos armados palestinos e ás accións das forzas de ocupación de Israel, a catalogamos de “lexítima defensa”. ¿Son terroristas os xudeus que no gueto de Varsovia, os partisanos iugoslavos, ou os españois en Francia, que se enfrontaron ás tropas nazis de ocupación?

Estou seguro que se os xudeus exterminados nos campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial levantaran a cabeza, sentirían vergonza do que os seus netos están a facerlle á poboación palestina.

Vai sendo hora de que Nación Unidas poña tropas internacionais, que protexan á poboación palestina dos ataques de Israel, obrigándoa a respecta-las leis internacionais e as fronteiras de 1967; e así mesmo, permitan a reorganización das institucións palestinas e a creación dunha policía única e eficaz que substitúa ás diversas milicias dos partidos palestinos.

O problema non é Hamas. Democraticamente chegaron ao goberno, haino que respectar. Hamas é a consecuencia da política fascista de Israel, da complicidade americana e da covardía europea. Paz, pan, xustiza, dignidade e liberdade son as recetas para acabar co conflicto.

O acontecido en Palestina nestes últimos sesenta anos é un auténtico xenocidio similar ao que pasou na antiga Iugoslavia, so que aquí non se coñecen casos de violación colectivas e masivas de nenas e mulleres palestinas. ¿Cal é o a diferenza entre Milosevic e as autoridades de Israel?

¿Durante canto tempo máis a Unión Europea vai a ser covarde, a permitir que no noso corazón estoupe a destrución dos dereitos humanos? ¿Durante canto tempo máis imos tolerar a construción dese Muro que converte Palestina no maior campo de concentración da humanidade?

Palestina ten dereito a existir. Solidariedade co pobo palestino.

Outros artigos meus relacionados:
Agresión a los pueblos palestino y libanés (en español, 16/07/2006)

“Palestina”, publicado en Diario de Ferrol (2003)

“Palestina, a terra prometida”, publicado en Razón Socialista nº 18 (2004)

Algunhas referencias:

Publicado por Jordi Pedret: “Gaza”

De Paco Arnau:
Sobre a remodelación americana do próximo oriente

De Iván Puentes:
Os plans de EEUU para Oriente Medio

Unha reflexión sobre a actual globalización

Realmente está escrito en plena Primeira Guerra Mundial, pero parece escrito con 100 anos de adianto:
“O empuxe da expansión imperialista do capitalismo, como expresión da súa máis elevada madurez e do derradeiro período da súa vida, tende a transformar desde o punto de vista económico todo o planeta nun mundo produtor capitalista, aniquilando todas as formas produtoras e sociais atrasadas e precapitalistas, a converter en capital todas as riquezas da terra e todos os medios de produción, a transformar ás masas populares traballadoras de todos os países en escravos asalariados. En África e en Asia, desde o cabo Norte ao cabo de Fornos e até os mares do Sur, os restos das vellas comunidades do comunismo primitivo, as relacións feudais de dominio, as economías campesiñas patriarcais e as antiquísimas producións artesanais son destruídas e pisoteadas polo capitalismo, que aniquila pobos enteiros e borra do mapa vellas culturas, para colocar no seu lugar a produción de beneficio na súa forma máis moderna. Esta brutal marcha triunfal do capital no mundo, iniciada e acompañada por todos os medios: a violencia, o roubo e a infamia, tiña o seu lado “bo”: creou as condicións para a súa ruína definitiva, creou o dominio mundial capitalista ao que debe seguir a revolución mundial socialista. Este foi o único aspecto cultural e progresista da chamada gran obra cultural nos países primitivos. Para os economistas e políticos burgueses os camiños de ferro, os mistos suecos, o alcantarillado e as tendas representan “progreso” e “cultura”. Estas obras de seu, implantadas sobre condicións económicas primitivas, non representan nin civilización nin progreso, pois paga ao prezo da ruína económica e cultural dos pobos, que sufriron a un tempo todos os padecementos e horrores de dúas épocas: a das leccións do poder tradicionais da economía natural e da máis moderna e sutil explotación capitalista. Só como condición material da supresión da dominación do capital e da supresión da sociedade de clases, as obras produto da marcha triunfal do capitalismo no mundo levan o carimbo do progreso, entendido en amplo sentido histórico. Neste senso, o imperialismo traballa, en derradeira instancia, para nós”.
Rosa Luxemburgo, A crise da socialdemocracia, 1916.