Supoño que a estas alturas todos consideramos ca retención dos soldados israelís por parte das milicias palestinas ou libanesas son unha mera desculpa para os gobernantes de Israel. Estamos, por se alguén ten algunha dúbida nunha guerra, que camuflada na guerra total contra os terroristas busca simplemente a supremacía do estado sionista sobre os seus veciños árabes.
Sigue a ser unha guerra de conquista, colonial. Un Gran Israel que intenta obrigar a unha nova traza territorial e política para todo o próximo e medio oriente, na liña do Gran Oriente ideado pola ultradereita americana, para mante-lo colonialismo e o control das grandes reservas de petróleo e gas.
O asunto é saber até cando aguantaremos os europeos que Israel e os EE.UU. sigan a incendia-lo noso patio traseiro. ¿Esperaremos a que esta mecha prendida chegue ao noso interior, ás nosas cidades? ¿Estamos dispostos a que a nova fase da loita pola descolonización do mundo árabe, á marxe da súa actual roupaxe fundamentalista, se libre na vella Europa?
Porque se os nosos concidadáns de orixe musulmán seguen marxinados da vida social, do emprego, da igualdade, e para máis inri aumentamos, aínda que sexa por pasividade ou complicidade, a humillación aos países dos seus avós. Se os nosos estados europeos non senten respecto polos seus pobos, se en vez de impulsa-la Alianza de Civilizacións seguimos con políticas coloniais, ¿cando tempo tardarán, moitos deses nosos compatriotas, en participar desde o noso corazón, desde os nosos barrios contra a impunidade israelí e os seus aliados e gobernantes nosos?
A Unión Europea debe poñer orden na súa casa e nas súas beiras, aínda que sexa por egoísmo propio. Hai que mandar tropas, pero non para facerlle o traballo sucio a Israel no Líbano, senón para protexer ás poboacións árabes dos ataques das tropas xudías; para recuperar as Institucións de Palestina e do Líbano; para levantar simplemente un futuro (con dignidade).
Non chega con neutralizar a Hizbolá e ás diversas milicias libanesas ou palestinas. Hai que ir á orixe do conflito: Obrigar a Israel a cumprir coas leis, as resolucións internacionais e os dereitos humanos, a que volva ás fronteiras legalizadas pola ONU, de 1947. Obrigarlle a liberar aos presos políticos, ás mulleres e menores palestinos retidos extraxudicialmente. A respectar, de verdade, a existencia dun Estado Palestino independente. Sen isto, todo o demais é perde-lo tempo.
Quen ninguén pretenda equiparar os dous bandos en conflito. Os argumentos de Israel e os seus amigos son de mal pagador. Cando mencionan o que acontece nas súas cidades, rexeitando claramente estes métodos, hai que ter claro que isto é consecuencia da política de Israel. Non se poden igualar aos verdugos coas vítimas, aínda que unha parte delas utilicen a violencia, nunca equiparable á do todopoderoso exército de Israel.
Recoñezo que sufro de palestinidade. Que non son neutral. ¿Como ser neutral ante la barbarie e o xenocidio? ¿Como ser neutral nun mundo globalizado onde todos participamos ou padecemos as políticas inhumanas? ¿Como ser neutral ante sesenta anos de terra prometida e persoas humilladas, queimadas, aniquiladas, expulsadas? ¿Como ser neutral á reedición no Muro de Israel dos campos de concentración? ¿Como ser neutral…?
Unha pregunta final aos cidadáns de Israel: ¿Morreron os xudeus nos campos nazis para que os seus netos reeditaran a barbarie nos pobos árabes? Vergonza.
En calquera caso, Europa xa non está en débeda con eles… e si cos pobos árabes.
En español
Na Rede de Blogs Socialistas
En Palestine Coffee Shope
En el Diario de Carol (Chile)
Máis artigos
Campaña contra a guerra dos socialistas de Ferrolterra
Campaña de Amnistía Internacional
Estimado compañeiro¡ Cóma coincido coas túas teses sobre esta apocalíptica masacre que dan en chamar “Guerra”· Coma ti, contemplo perpleza a indiferencia coa que tanto Estados comas persoas están a recibir as tremendas noticias que nos chegan do Sur do Líbano. Pregúntome que entenderán moitos por Alianza de Civilizacións. Dende logo, aqueles que non condenan nin censuran os crimes que está a cometer o Estado israelí, resultada indudabel que é porque os apoian.E sen paliativos, estos cómplices,son non fondo tan culpables como os propios executores da masacre. Penso que xa ten chegado o momento de que tódalas persoas de ben únanse nun berro común:¡ Deixádeos vivir! ¡ Non, non, non a Guerra! Nin a esta nin a ningunha outra. Prometo unir as miñas poucas forzas a cantas iniciativas comezan dirixidas a tratar conseguir deteñelos. Un saúdo
Rosa
Esto sucede:
Ó non atoparse unha solución política á ocupación.
Polos intereses do mercado enerxético na zoa.
Pola utilización do concepto terrorista para fábricar e xustificar guerras. Comenzou así o maravilloso trio das Azores, triste papel nos queda na historia.
As preguntas:
Non se desvía con esta intervención a atención sobre os conflictos xa iniciados nese ámeto e non resoltos: afganistan e irak.
Non se deixa pasar Guantanamo. A última ocorrencia e vestirnos a todos de naranxa neste verán para intentar normalizar isa angustiosa situación.Vai ó hiper e merca naranxa. Sempre o mercado ó servicio da ideoloxía.
Non se agrede á identidade propia, social e cultural das poboaciones de orixen musulman provocando un desencontro entre Oriente e Occcidente que será difícil restituir.
Non se intenta someter e ameazar a Siria e Irán para que acepten as directrices dos poderes fácticos representados en USA.
Non se pretende involucrar á OTAN e Nacións Unidas para parar un caos que os seus precursores non son capaces de resolver coas armas mais sofisticadas.
O risgo: internacionalizar ó conflicto.
Os interrogantes:
¿Qué pasa coa ocupación do Sahara?
¿Interesa unha guerra contra a fame en África?
¿Porque no promover a “libertade duradera” na África famenta?
E menos mal que temos as Nacións Unidas que si non fora así volarían máis avións sobre as nosas cabezas.
Zapatero: fai más ese “pañuelito” pola paz en este país que outros xestos. Entre outras cosas evita que sexamos un punto de mira xa establecido pola creatividade do trio das Azores e tamén promove pontes o entendemento público ó tender unha man os pobos agredidos. Promove interlocutores internacionais por mais que lle pese algúns.
Estas consideracións saen na praia conscente que neste momento outros son matados ou están morrendo neste momento.
Chao,