Martes 27 de xuño: Ferrol pide amparo ao Parlamento español

O próximo martes 27 estaremos en Madrid un nutrido grupo de ferroláns co <a href=”http://comitecidadan.bitacoras.com&#8221; target=”_blank”>Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferro</a>l, plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais, entre elas varias Agrupacións Municipais socialistas.

Seguimos pedindo ca planta de gas que Reganosa, que de forma ilegal e irresponsable, está a construír dentro da ría ferrolá, a traslade fóra. Estaremos ante o Ministerio de Industria, e posteriormente unha delegación será recibida por Llamazares, voceiro de IU, no propio Parlamento español.

As directivas europeas (Seveso II, Raminp) obriga ás instalacións altamente perigosas a situarse, alomenos, a dous quilómetros dos núcleos de poboación. A planta de gas que está a construír Reganosa dentro da ría, incumpre claramente estas directivas, e nin sequera ten feita a Declaración de Impacto Ambiental, como así llo esixe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co 23 de xuño de 2004 anulou a tramitación ambiental desta empresa.

Reganosa está a oitocentos metros, na outra beira da ría, da cidade de Ferrol, así como do estaleiro militar de Navantia e da base naval da OTAN. Cuarenta mil cidadáns viven dentro do radio de dous quilómetros da futura planta de gas.

En caso dun hipotético accidente ou atentado, con marea baixa, os metaneros non poderían saír a mar aberto, como esixe a normativa de seguridade.

En abril de 2004 entregouse un dossier en Ferrol aos representantes do PSOE, BNG e EU – IU, para co trasladaran aos seus respectivos grupos parlamentarios.
Tras a sentenza do TSXG de xuño de 2005, que anula o expediente de Reganosa, soamente IU pediu ao Goberno de España a paralización das obras. Desde aquela os Ministerios implicados (Industria e Medio Ambente), deixan consumar a construción da planta de gas de Reganosa, escudándose en que a sentenza está recorrida pola empresa e a Xunta de Galicia.

Estaremos en Madrid, para aportarlle ao Goberno e aos diversos grupos parlamentarios, máis documentación e fotos, que amosan claramente, que de funcionar Reganosa sería un perigo para as persoas, a seguridade enerxética e para a seguridade nacional. Estamos a tempo de evitar futuros e posibles incidentes, que de suceder serían a maior catástrofe humanitaria coñecida en España.

Non podo entender que de xeito acrítico se asuma a política clientelar da anterior Xunta de Manuel Fraga, poñendo en risco a vida na ría de Ferrol. Dunha Xunta do PP que publicou que había que sacrificar unha das rías galegas para a especulación, e tocáballe a Ferrol.

E non me deixa de sorprender cos tres deputados (PSOE, PP, BNG) desta comarca no Parlamento español, non se sintan condicionados polas esixencias dos cidadáns, e si polos intereses económicos de empresas que nestes tempos con proxectos como o de Reganosa, dentro da ría ferrolá, soamente son unha mostra da renuncia dos poderes públicos en favor dun capitalismo decimonónico que lle dá igual os perigos, os custes humanos e o desenvolvimento sostible.

Como cidadán ferrolán teño que agradecer a Llamazares e o Grupo parlamentario de IU, a súa preocupación polas ameazas da planta de gas de Reganosa á cidade e á ría de Ferrol.

Mais, sería oportuno co Parlamento español acolla as inquedanzas da poboación e o Goberno presidido polo compañeiro J.L. R. Zapatero paralice a construción da planta de gas no interior da ría.

É de sentido común. É necesario.

En español
Na rede de Blogs Socialistas

O PP Aburre

A dereita sempre foi un problema para España. Incapaz de asumir a súa derrota electoral do 14M, unha visión de Estado e democrática, hoxe organiza unha manifestación máis (baixo as siglas da AVT), contra un Goberno Zapatero que traballa pola desaparición de ETA. Unha manifestación que non vai contra o terrorismo, senón que busca a rendición do Goberno ante o PP.

É evidente que desde o punto de vista democrático poden expresar nas rúas as súas diferenzas políticas. Pero, non se pode permitir a manipulación das Vítimas, do terrorismo e da verdade histórica no proceso xudicial aberto motivado polo atentado do 11M.
A política extremista e de derrube do PP, perfectamente encarnada polo “lexionario” Ángel Acebes, tras confirmarse o fracaso político e de liderazgo de Mariano Rajoy no debate sobre o Estado da Nación recente, radicaliza e sitúa fóra do marco constitucional e democrático á dereita española.

É certo que a curto e medio prazo isto converte ao PSOE na única opción viable, desexable e posible de Goberno. Pero, para unha política de Estado, España necesita dunha dereita democrática e civilizada.

As actitudes radicais da dereita extrema que Acebes, Alcaraz (autonomeado vítima oficial do terrorismo e portavoz único) e Aznar – a Triple A do PP – están sendo a levadura dos diversos grupos ultradereitas violentos, das diversas familias falanxistas, e diversos novos partidos fascistas, que buscan a supresión da democracia e a reinstalación da ditadura nacional – católica. E hoxe participan tamén da “marcha pepera” en Madrid.

Nun Estado Democrático de Dereito, as vítimas do terrorismo merecen a atención integral aos seus problemas, recoñecemento, respecto e memoria. Pero, nunca poden exercer a xustiza fronte aos seus agresores, nin poden tampouco tutelar á política. Sería a negación do Estado de Dereito e da propia Democracia.

O sr. Alcaraz (Portavoz da AVT e irmán dunha vítima) ten dereito a facer política, pero non a utiliza-las vítimas do terrorismo contra un Goberno lexítimo. O sr. Alcaraz pode facer política, pero non ensuciar o nome das vítimas do 11M, para esconder que naquel momento Aznar era o Presidente do Goberno e Acebes o seu Ministro de Interior. O sr. Alcaraz sempre poderá facer política nas listas do PP… ou nesa futura fronte nacional ca extrema dereita está a artellar ca cegueira e os intereses particulares dos actuais dirixentes do PP están a alimentar.

Na cidade de Ferrol ao calor da defensa da estatua do Xeneral Franco na Praza de España, defendida entre outros polo actual presidente local do PP, sr. Vilariño Anca, xurdiu un novo grupo ultra e reorganizouse outro tradicional. De momento, limítanse a encher as rúas de pintadas racistas, xenófobas ou contrarias á España autonómica. A recomendar aos máis mozos a súa afiliación á organización xuvenil do franquismo. Mañá poden ser un problema de orde público para a convivencia pacífica e democrática. Nesto, a deriva actual do PP ten moita responsabilidade.

Os españois non queremos unha dereita así (nin creo que a maioría dos seus votantes). Un Rajoy secuestrado polos ultras no seu partido, enfadado, crispado e que rifa aos cidadáns. Sen máis proxecto que manter o escano, sen máis alternativa que dicir amén ao aznarismo. Incapaz de abrir unha nova etapa na dereita española.

Un Rajoy e un PP que aburren. España merece unha dereita mellor.

Vítimas do terrorismo: Memoria, Dignidade e Xustiza

“

Sigue na miña memoria a intervención de Pilar Manjón ante a Comisión Parlamentaria do 11M. Cando mirando aos escanos do PP, preguntaba ¿de que se rin as súas Señorías?
O PP sigue a desprezar ás vítimas do terrorismo, non só ás do 11M, senón a todas. Estas merecen respecto, lembranza, ser tratadas con dignidade e xustiza.”Señorías, les decíamos al empezar esta comparecencia que habían realizado ustedes política de patio de colegio. No es una afirmación gratuita. Con la fuerza de estas convicciones, también venimos a reprocharles como diputados, y por tanto como representantes del pueblo – que no se les olvide -, sus actitudes de aclamación, jaleos y vítores, durante el desarrollo de esta Comisión, como si de un partido de fútbol se tratara.
De lo que se está hablando, Senorías, es de la muerte y de las heridas de por vida padecidas por seres humanos, de pérdidas que nos han llenado de desolación y amargura en el mayor grado posible. ¿De qué se reían, Señorías?, ¿qué jaleaban?, ¿qué vitoreaban en esa SU Comisión?

Señorías, ustedes tendrán hijos, esposas, maridos, hermanos, etc., pónganse de este lado, piensen por un momento que les despiden por la mañana temprano y nueve meses después aún siguen esperando su regreso. La pérdida de un ser querido en estas cirscunstancias es lo más parecido que hay a la propia muerte.

Muchas han sido las ocasiones en que hemos sentido que la finalidad de esta Comisión no pasaba ni de lejos por esclarecer los hechos que se planteaban inicialmente, sino más bien para utilizar los hechos y a nosotros mismos como alimento a las líneas argumentales de según quién habla. Los unos para echarse la culpa a los otros.

Hace años, Señorías, que firmaron el Pacto Antiterrorista en el cual se comprometían a no utilizar el terrorismo como arma electoral y partidista. Permítannos no creerles a algunos de ustedes en esta ocasión. Su credibilidad a este respecto ha quedado más que deteriorada.

Ustedes lo saben perfectamente, aunque les desagrade oírlo, nos han convertido en moneda de cambio del juego político.

De igual modo en que decíamos que no podemos admitir que se nos utilice como arma entre partidos, no podemos admitir, de ninguna manera, que utilicen de manera sistemática a nuestros heridos y afectados, y mucho menos a nuestros muertos, como culpables de la derrota electoral de algunos, o del billete de triunfo de otros. Ellos, para su desgracia, no pudieron votar. Algo hicimos mal, alguien se equivocó, algunas personas debieron cometer graves errores para que los malditos pudieran preparar y llevar a cabo tamaña asesina tropelía.

Los hay que acusan de imprevisión política y manipulación de la información. Los hay que acusan de organizar manifestaciones ilegales y linchamientos sociales. ¿Y quién nos defiende a nosotros, los supervivientes, y las víctimas? ¿Quiénes van a ser aquellos que de una vez por todas asuman las terribles irresponsabilidades (vengan de donde vengan) que nos han llevado a sufrir este brutal atentado?

Todos ustedes argumentan que es otro partido el responsable. ¿Están vacíos esos argumentos y forman parte del juego político que acostumbran, o realmente están basados en hechos que pueden probarse? Si es así, informen de lo que saben y no cuentan, y háganlo ante quien corresponde, ante los jueces. Estamos cansados de acusaciones sin pruebas, nos parece mezquino tirar la piedra y esconder la mano.””

Pilar Manjón. Extracto de su intervención ante el Congreso de los Diputados el 15 de diciembre de 2004. Publicado por la Editorial Península, enero 2005.

A batalla por Endesa.On

Estamos asistindo, creo que estupefactos, a esta batalla que nas alturas estase a dar polo control do sector enerxético español, e que acelera o proceso de converxencia das empresas a nivel europeo. Un sector cuxa única lealdade é aos intereses particulares, especialmente, á conta corrente dalgúns.

A estas alturas, á marxe do que oficialmente dise no PP, deberan estar moi enfadados co Sr. Presidente de Endesa. A OPA hostil de Gas Natural sobre a anterior, foi utilizado polos Populares como unha suposta entrega dunha gran empresa nacional aos “enemigos de España”. Que Endesa, empresa española con domicilio social en Madrid, pasase a mans doutra con domicilio social en Cataluña era unha mostra da “ruptura do país e da renuncia de Zapatero fronte ao independentismo” sumado “á claudicación ante ETA”.

Agora, entendemos o anuncio que Endesa insertou nas televisións e na prensa escrita. Aquel ON final, que parecía un anglicismo resultou ser a presentación en sociedade da empresa alemá E.On. Porque aquí – perdoen a desconfianza – non hai coincidencias, nin aparecen Opas amigas dun día para outro.

Mentres moitos participaban na defensa do valor estratéxico obvio de Endesa, trufado co “patriotismo español”, e curiosamente de “galeguismo”, o Sr. Pizarro – que manifestou un repentino interese polo futuro desta Terra, cando nos últimos anos as únicas prioridades era o Mediterráneo, especialmente Cataluña e Andalucía – estaba, “como non podía ser menos”, asegurando o futuro. Aínda que pode, dun momento a outro, cambiar de aliados se é para “mellora-la conta de resultados dos inversores”.

En calquera caso, a reindustralización de As Pontes debe ir máis alá dos ciclos combinados de Endesa. Estes non van aportar nin por asomo a cantidade de emprego que tivo no pasado coa mina, e será inferior á actual segundo desapareza o carbón no ano 2007. E con respecto a Reganosa, está máis nas mans da Xustiza polas súas ilegalidades que nas do seu futuro Consello de Administración ou nas promesas que podería volver a esquecer o Sr. Pizarro aínda que resultase o principal beneficiario destas operacións.

Resulta curioso o apoio do sr. Juan Juncal á OPA de E.On sobre Endesa, sobre a base dunha suposta prioridade para a Planta de Gas. Como Alcalde de Ferrol é o máximo responsable da seguridade dos cidadáns. De funcionar a planta en Mugardos, debera elaborar un Protocolo de Seguridade para evacuar a cidade ante un posible accidente ou atentado contra a desgasificadora. Hai que engadir ca “OPA amiga” de E.On desfai os argumentos dun PP, aos que agora resúltalles patriótico que Endesa acabe en mans alemáns, e permite a Zapatero explicar moito mellor o interese nacional de España en ter unha gran empresa enerxética que participe e compita neste mercado globalizado, como acaba de anunciar tamén fará Francia.

Hai que recoñecer que o argumento de “defensa dos consumidores” é aparentemente débil. Facilita a súa manipulación en favor de acusacións dun suposto favoritismo. A estas alturas sabemos que a competencia entre as grandes empresas, collamos o sector que collamos, é irrelevante. A transferencia das empresas públicas ao sector privado, non supuxo nin mellora do servizo, nin competencia, nin mellores prezos, nin moito menos calidade e cantidade no emprego. Os oligopolios buscan o xeito de que os consumidores pagemos máis por menos, e para os traballadores peores condicións laborais. Quedando todos máis desprotexidos fronte aos abusos.

Aznar tivo moito empeño en privatizar estas grandes empresas públicas que aportaban beneficios á arcas do Estado. Os cales revertían na mellora das prestacións do aínda incipiente Estado de Benestar. Agora, só os propietarios privados benefícianse dos réditos económicos enormes que xeneran estas actividades empresariais.

Da propiedade social, é dicir, do conxunto dos españois, de empresas como Endesa, pasamos á propiedade privada duns poucos. Ademais, cando se move tal cantidade de miles de millóns de euros, non só se transfiren recursos económicos para beneficios dunha minoría, senón que facemos, no fondo, renuncia a un instrumento de democracia e benestar social.