Estamos asistindo, creo que estupefactos, a esta batalla que nas alturas estase a dar polo control do sector enerxético español, e que acelera o proceso de converxencia das empresas a nivel europeo. Un sector cuxa única lealdade é aos intereses particulares, especialmente, á conta corrente dalgúns.
A estas alturas, á marxe do que oficialmente dise no PP, deberan estar moi enfadados co Sr. Presidente de Endesa. A OPA hostil de Gas Natural sobre a anterior, foi utilizado polos Populares como unha suposta entrega dunha gran empresa nacional aos enemigos de España. Que Endesa, empresa española con domicilio social en Madrid, pasase a mans doutra con domicilio social en Cataluña era unha mostra da ruptura do país e da renuncia de Zapatero fronte ao independentismo sumado á claudicación ante ETA.
Agora, entendemos o anuncio que Endesa insertou nas televisións e na prensa escrita. Aquel ON final, que parecía un anglicismo resultou ser a presentación en sociedade da empresa alemá E.On. Porque aquí perdoen a desconfianza – non hai coincidencias, nin aparecen Opas amigas dun día para outro.
Mentres moitos participaban na defensa do valor estratéxico obvio de Endesa, trufado co patriotismo español, e curiosamente de galeguismo, o Sr. Pizarro – que manifestou un repentino interese polo futuro desta Terra, cando nos últimos anos as únicas prioridades era o Mediterráneo, especialmente Cataluña e Andalucía – estaba, como non podía ser menos, asegurando o futuro. Aínda que pode, dun momento a outro, cambiar de aliados se é para mellora-la conta de resultados dos inversores.
En calquera caso, a reindustralización de As Pontes debe ir máis alá dos ciclos combinados de Endesa. Estes non van aportar nin por asomo a cantidade de emprego que tivo no pasado coa mina, e será inferior á actual segundo desapareza o carbón no ano 2007. E con respecto a Reganosa, está máis nas mans da Xustiza polas súas ilegalidades que nas do seu futuro Consello de Administración ou nas promesas que podería volver a esquecer o Sr. Pizarro aínda que resultase o principal beneficiario destas operacións.
Resulta curioso o apoio do sr. Juan Juncal á OPA de E.On sobre Endesa, sobre a base dunha suposta prioridade para a Planta de Gas. Como Alcalde de Ferrol é o máximo responsable da seguridade dos cidadáns. De funcionar a planta en Mugardos, debera elaborar un Protocolo de Seguridade para evacuar a cidade ante un posible accidente ou atentado contra a desgasificadora. Hai que engadir ca OPA amiga de E.On desfai os argumentos dun PP, aos que agora resúltalles patriótico que Endesa acabe en mans alemáns, e permite a Zapatero explicar moito mellor o interese nacional de España en ter unha gran empresa enerxética que participe e compita neste mercado globalizado, como acaba de anunciar tamén fará Francia.
Hai que recoñecer que o argumento de defensa dos consumidores é aparentemente débil. Facilita a súa manipulación en favor de acusacións dun suposto favoritismo. A estas alturas sabemos que a competencia entre as grandes empresas, collamos o sector que collamos, é irrelevante. A transferencia das empresas públicas ao sector privado, non supuxo nin mellora do servizo, nin competencia, nin mellores prezos, nin moito menos calidade e cantidade no emprego. Os oligopolios buscan o xeito de que os consumidores pagemos máis por menos, e para os traballadores peores condicións laborais. Quedando todos máis desprotexidos fronte aos abusos.
Aznar tivo moito empeño en privatizar estas grandes empresas públicas que aportaban beneficios á arcas do Estado. Os cales revertían na mellora das prestacións do aínda incipiente Estado de Benestar. Agora, só os propietarios privados benefícianse dos réditos económicos enormes que xeneran estas actividades empresariais.
Da propiedade social, é dicir, do conxunto dos españois, de empresas como Endesa, pasamos á propiedade privada duns poucos. Ademais, cando se move tal cantidade de miles de millóns de euros, non só se transfiren recursos económicos para beneficios dunha minoría, senón que facemos, no fondo, renuncia a un instrumento de democracia e benestar social.
A mí, que un alto ejecutivo de la confianza del PP como es Pizarro, parachutado a Endesa en su día por el dedazo de Aznar, argumente contra la OPA de Gas Natural usando argumentos abiertamente marxista-leninistas, me produce casi ternura. Estos tipos se creen que los españoles somos imbéciles.
Que seguramente es lo mismo que piensa Rajoy cuando argumenta a favor de E.On echando mano de la Europa sin fronteras, etc etc: otro converso al “internacionalismo proletario”, parece.
O sea, una risa, sino fuera porque lo que hay en juego es muy serio.
Y aún cabe otra consideración: si el PP desprecia a los catalanes al punto de ir a buscar una empresa alemana para que compre una empresa española y evitar así que caiga en manos catalanas, ¿por qué coño nos recuerdan cada día que los catalanes somos españoles? Al parecer, para ellos ni siquiera somos europeos…
Ítem más: resulta que el negocio de Endesa se ejerce en régimen de monopolio en Catalunya y Andalucía. ¿Tendremos algo que decir sobre eso los ciudadanos catalanes y andaluces, forzados a consumir Endesa nos guste o no?. ¿Pero qué broma es ésta?.