Cambio de Rumbo

Quedan tres días para saber cal é a decisión da cidadanía -e cal a capacidade de mobilización dos partidos- sobre o futuro do país. Hai sensación de cambio de época. A fin definitiva do ciclo político saído da Transición e a búsqueda dun novo rumbo, necesario para unha saída progresista da crise económica e social e, así, apuntalar un futuro que hoxe apreséntasenos incerto para a maioría da xente común.

As redes sociais marcaron a axenda mediática e parece que adiantan un sistema multipartidista máis equilibrado. Mais, a nova política non acaba de nacer. Unha nova dereita, “Cidadáns”, que carece de complexos e un Podemos, que abandona o discurso supraclasista e abónase ó de Anguita do “sorparso”. Como vai ser a renovación do PP?

Mentres Pedro Sánchez, Besteiro, Cancela e Mato abren as ventás dun partido socialista atacado por todos os demais, porque supoñen un cambio real.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/cambio-rumbo/20151217005628141580.html

Pilar Cancela

Pilar Cancela, Palexco 2015.

O PSOE tivo este martes o mitin central en Coruña. Un Palexco ateigado para arroupar a Pedro Sánchez e á cabeza provincial Pilar Cancela, ó líder do PSdeG Gómez Besteiro e ó cabeza ó Senado, Ángel Mato. Un mitin que doulle a volta á campaña, os socialistas son a principal referencia da esquerda e alternativa a Rajoy. Aqueles que xogan a esnaquizar ao PSOE, dende as dúas dereitas máis aqueles que se proclaman “rupturistas”, non esperaban un cheo como o deste 8 de decembro.

E este mitin ten un nome por dereito propio. Pilar Cancela. A ela tocóulle ser a columna central do PSdeG e de Gómez Besteiro, por iso tanto lle dan… pero, foi impresionante. Carácter, empatía e solvencia. Un auditorio entregado. Para a historia da campaña queda a súa frase a prol da abolición da prostitución, en sintonía co título dun artigo recente da súa colaboradora, a ferrolá Eva Martínez. Volve o PSdeG.

Publicado hoxe no Diario de Ferrol, columna “Letras de Cambio”:

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/pilar-cancela/20151210005032141044.html

Incendios

(C)Diario de Ferrol e Daniel Alexandre

A nosa cidade empeza a acostumarse a ter sobresaltos por mor de incendios en inmobles, ben polo seu estado, ben polo uso de electrodomésticos ou butano vinculado a persoas maiores que viven soas. A resposta da administración local vén a ser a básica: inicial presenza policial, bombeiros e acta correspondente do acontecido. Pero é evidente que isto é claramente insuficiente. Non podemos estar mes tras mes vendo como unha parte de Ferrol arde sen máis.

Quizais chegou o momento de consensuar un protocolo de actuación que teña ao Concello e movemento veciñal como garantes dunha actuación preventiva, onde haxa un censo de inmobles inseguros que requiran dunha inmediata rehabilitación ou intervención municipal, que poida ir incluso á expropiación, e pola outra, un censo real que permita asistir diariamente a persoas con dificultades ou con autonomía persoal limitada.

Enlace a Diario de Ferrol.