Novos tempos para Narón

Acadada a elección na Agrupación Socialista de Narón da súa candidata á Alcaldía, Catalina García Blanco, merece este feito ser salientado polos cambios que se aveciñan na vida municipal deste Concello.

Katy cos veciñosCoñezo á nova candidata dende hai anos. Pero, adianto que este é un artigo obxectivo, fronte ao que poderíase pensar. Recentemente, xusto antes da celebración dun acto sobre Palestina, organizado por Fuco Buxán na Galería Sargadelos, presentábaa eu ao deputado socialista por Barcelona, Jordi Pedret, dicíndolle que sendo o PSOE, unha formación política moi complicada, sempre tivo a sorte de que en tempos difíciles se achegaban a el persoas de valía, que viñan a aportar e non buscaban o seu medre persoal, senón que tiñan unha forte vocación por transformar a sociedade, de traballar polos demais. É este, tamén o caso de Katy.

Seguir lendo

Comeza a Homenaxe galega a Díaz Pardo. ¡Participemos nel!

portadatarxetaisaac.jpg

Este venres comeza en Ferrol, organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán a Homenaxe de Galicia a Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.

Conta esta homenaxe coa colaboración das Consellerías de Cultura, Economía, Presidencia e Política Territorial. Así como, dos Concellos de Ourense, Narón, Santiago, Lugo, Pontedeume, A Capela, Fene, Valdoviño, Mugardos, Neda, Verín, Cariño, Oleiros e as concellerías de cultura de Ferrol e A Coruña. Tamén colaboran Caixanova, Caixa Galicia, Autoridade Portuaria Ferrol – S. Cibrao, Igape, Fimo e a Cofraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol.

Os actos programados, no mes de Febreiro, por Fuco Buxán son:

8 de febreiro: inaguración dunha Exposición Antolóxica no Centro cultural Torrente Ballester, ás 20.30 horas. Na que se recolle a rica traxectoria vital de Díaz Pardo, xunto a Luis Seoane, no Laboratorio de Formas.

9 de febreiro: Mesa Redonda. Na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol, 20 horas. Coas intervencións de Xosé Luis Axeitos (coordinador), Manuel Aznar Soler, Xosé Neira Vilas e Camilo Díaz.

23 de febreiro: Mesa Redonda, sede da Fundación Caixa Galicia, en Ferrol, 20 h. Coas intervencións de Euloxio Ruibal (coordinador), Fermín Bouza, Andrés Varela e Fernando Salgado.

Os actos programados, no mes de Marzo, por Fuco Buxán son:

2 de marzo: Acto Central de Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, no Teatro Jofre de Ferrol, a partir das 19.30 horas.

Coas intervencións dos poetas: Salvador García – Bodano, Eva Veiga, Xosé Leira, Laura landeira, José Viale Moutinho e Rosa Méndez.

Actuación Musical de Milladoiro.

A continuación celebrarase unha cea. Podedes ver máis información na páxina de Fuco Buxán.

8 de marzo: Clausura da Exposición Antolóxica no Centro Cultural Torrente Ballester.

Sobran argumentos para o por qué desta Homenaxe a Isaac Díaz Pardo.

 

O Goberno español toma medidas contra o amianto

Hoxe no telexornal de TVE 1, saía unha noticia que reflectía a problemática do amianto en España. A orixe está nunha pregunta parlamentaria do BNG, onde o Goberno daba unha resposta en camiño de suprimir o amianto no país e paliar no posible os seus efectos sobre a saúde.

Cartel 4-7-2001As imaxes e as entrevistas que emitían desde a televisión pública eran tomadas en Ferrol. Van seis anos desde ca Asociación Fuco Buxán iniciara a campaña contra o uso do amianto e reclamando medidas sanitarias e sociais contra a súa enfermidade o asbestos. Lembro que esta foi unha iniciativa de Rafael Pillado, un referente tanto histórico como actual na loita pola transformación democrática da sociedade.

Rafael, coma unha boa parte dos traballadores da antiga Bazán, hoxe Navantia Ferrol, vive nun edificio da propia cooperativa destes traballadores. Foi el, sempre atento ás cuestións sociais, quen visualizou as, ata entón mortes silenciadas dos traballadores da Bazán polo asbestos, transformándoa nunha cuestión de primeira orde na comarca. E que despois, tivo tanto eco no Estado. Hoxe o que se avanzou neste campo ten moito que ver coa mobilización social en Ferrolterra. Salientar, tamén, a inestimable axuda do doutor Carlos Piñeiro, o seu compromiso, a súa entrega, tamén foi, e sigue sendo un dos baluartes desta loita.

Desde Fuco Buxán fixemos as primeira xornadas o 4 de xullo do 2001, no Centro Cultural Carballo Calero en Ferrol. O acto presentado polo propio Pillado, contaba ademais, coa presenza de Piñeiro, de Carlos Cárcoba (do Gabinete estatal de saúde laboral de CC.OO.), e con representantes locais do conxunto do movemento sindical.

Lembro, aínda as acusacións de “determinadas persoas” que nos acusaban de causar “alarma social”. Pero, o certo é que máis de vinte mil traballadores desta comarca están afectados en maior ou menor medida, a maior bolsa de afectados de Europa. Moitos morreran nos vindeiros anos. Merecen un tratamento médico e social adecuado, eles e as súas familias.

Quizais, o traballo desenvolvido neste eido é dos un que máis orgullosos estamos en Fuco Buxán. Sabíamos perfectamente que o problema superaba a nosa capacidade, que non podíamos dedicarnos, como este asunto require, de xeito adecuado. Por iso, apostamos porque os propios afectados se organizaran. Daquela inquedanza xurdiu a Asociación Galega de Vítimas do Amianto (AGAVIDA), hoxe integrada a nivel estatal en AVIDA, e que están a desenvolver un papel fundamental na defensa dos dereitos dos afectados. O conxunto das Administracións deben aumentalo interese  e os medios neste asunto. Está claro que o require.

Parabéns, AGAVIDA.

A SEPI e Astano baixo o feitizo de Penélope

(En español)

A reconversión naval segue a estar moi viva na comarca de Ferrol. Aínda, hoxe en día, non hai a tan desexada reindustralización. Basicamente, padecemos unha perda de capacidade productiva, de emprego, competitividade e de perda de poboación.

O feitizo de PenélopeNon me gusta que patrimonio social do conxunto dos cidadáns como son as empresas públicas e os seus activos pasen a mans privadas. O desprezo polo Sector Público e a intervención do Estado son un prexuizo ideolóxico dunha dereita económica oportunista ansiosa de rápidos e fáciles beneficios crematísticos.

Creo que é posible e desexable un potente sector público diversificado que reforce o Estado de Benestar e a Democracia Industrial. Ademais, a privatización ou segregación sempre pode derivar en especulación cunhos apetitosos terreos costeiros ou cunhas subvencións públicas que nunca se recuperan. Xunto cunha nula responsabilidade social da empresa privada.

Por iso, calquer proceso que leve a Navantia Fene, á antiga Astano, á segregación, a unha segunda privatización, debe facerse con todas as garantías que impidan outro fracaso en mans privadas.

Seguir lendo

Os espazos públicos, espazos de liberdade

Cartel Pza EspañaO Domingo pasado varios centenares de ferroláns, a pesar do tempo máis que desapracible, típico de duro inverno, estivemos enchendo as rúas do centro da cidade. Reclamamos que os nosos espazos públicos sexan considerados polo actual Goberno municipal un patrimonio común que non pode caer en mans dos especuladores.

Outra forma de entender o urbanismo como un servizo ao conxunto dos cidadáns, que necesitan e reclaman, espazos abertos, socializados, onde a cidade exprese a súa faceta humanística, é dicir, a súa faceta intrínseca como sociedade.

Levamos anos, os ferroláns, crendo que os sucesivos gobernos locais eran peor cos anteriores, e que xa tocábamos fondo. Pero, a verdade, é que o seguinte resultaba sempre peor. Máis, cales son as sinais de identidade dos actuais gobernantes (PP e IF), basicamente, dúas: poñer toda a cidade patas arriba, sen unha planificación adecuada das obras – algunhas levan xa anos – cunha planificación do tráfico rodado que brilla pola súa ausencia; e ofertar e hipotecar os espazos públicos a grupos empresariais, que loxicamente, só lles move o lucro.

Así, estamos asistindo á construcción por parte do Concello de Ferrol, dun edificio ilegal na Praza de España, que hipotecará a cidade durante 75 anos, para entregarllo a unha empresa privada, sen saber que gañamos os ferroláns. Ou cando vemos na Praza de Sartaña, que vaise a expropiar a pista polideportiva para que unha empresa privada monte un “spa”, todo isto enmedio das vivendas, que perden o único espazo verde e aberto do que dispoñen. Ou, tamén, vemos que ameazan con levantar a única praza decente que queda, a de Amboaxe, porque algún aproveitado quere facer un aparcadoiro baixo dela.

En fin, os cidadáns, e a democracia deben estar ao servizo da economía de mercado. Sobre todo, si esta está trucada. Este é o mundo ao revés.

Por iso, non é estraño que este domingo centos de persoas, de diversos colectivos sociais. Centos de persoas, diversas, de esquerda, pero tamén de dereitas. Civís, e recoñecidos veciños de estamentos militares estiveran protestando. Fartos estamos da especulación, desta falsa modernidade que asocia cemento con benestar.

Outro Ferrol é posible. Un Ferrol humanizado, onde todos podamos sentir que esta é a nosa cidade, e non un negocio privado ao servizo das contas bancarias das grandes construtoras.

En español