Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

A mensaxe

As normas socialistas son claras para a elaboración das listas. Igualdade, paridade, renovación, código ético, representatividade e proxección social das e dos candidatos, principio de mérito e capacidade. Xunto a isto, é claro que a posibilidade de se converter o socialismo na forza hexemónica nas vindeiras autonómicas de setembro, depende da resintonía co voto urbano, na provincia da Coruña do voto nas súas tres grandes cidades e as súas bisbarras.

Por iso, cal é a menxase se non conta con Ferrol? Cando xa se sabe que unha candidata da propia cidade, e co seu perfil de xornalista, é a máis votada de Ferrolterra na provincia pola propia militancia e a dirección provincial a relega ao posto doce. Cal é a mensaxe á agrupación de Ferrol que acadou un consenso unánime e onde unha parte da súa delegación no Comité Provincial, entre eles dous cargos públicos, votan con aqueles que queren deixar a Ferrol sen a súa deputada?

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/mensaxe/20160804010441162095.html

Eva Martínez

O proceso de asembleas locais das e dos socialistas acaba. É lexítimo que toda/o militante poida aspirar a ir ao Parlamento Galego e moito máis xusto se hai unha necesidade política e o teu propio traballo avala a túa candidatura. Así mesmo, creo que a recente asemblea do socialismo ferrolán venlle ben ao partido e a Ferrol. Non é froito da casualidade, nin todos os problemas están resoltos, pero si é certo que se presenta a agrupación unida contra a dereita.

Si, todas as propostas están por algún motivo. Pero por dereito propio a xornalista Eva Martínez fíxose un oco. Representar ao socialismo ferrolán, todo o seu traballo como secretaria galega de igualdade, ser responsable desta parte do programa electoral para ás autonómicas e antepoñer os intereses da cidade e de Ferrolterra aos seus, convertérona nun dos referentes en Ferrol e no conxunto do PSdeG. O proxecto chamado Ferrolterra rexurde cando sangue nova flúe de seu, xente solvente que supón defensa do noso e renovación.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/eva-martinez/20160728234204161533.html

Precariedade

O actual panorama laboral é dunha gran fragmentación, onde prima a relación individualizada para así garantir a desprotección e despersonalización da e do traballador. Estanse a usar diversos mecanismos como a avaliación individualizada da produtividade, que normalmente básase en criterios cuantitativos e nas características da e do traballador. Isto supón estar exposto a unha gran subxectividade sumado a un sistema arbitrario de obxectivos, cando ademais non veñen acompañados dos medios nin dos tempos necesarios

Estamos nunha concepción da seguridade no emprego que se basa só na empleabilidade, que carga a responsabilidade sobre as e os propios traballadores, dende os fracasos ata o desenvolvemento da súa saúde. O exemplo máis claro é cando dende a propia Seguridade Social, que asume este modelo laboral, ou das propias empresas informan dos custes das baixas laborais. Todo sexa pola despersonalización, todo sexa en favor do capital.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/precariedade/20160706215246159467.html