Descoñecido's avatar

Acerca de Manuel Cendán

"Un murmurio de palabras". https://manuelcendan.com

Asesores

Sorprende a capacidade da dereita de marcar os tempos. Anuncia unha moción polo nomeamento do novo asesor de promoción económica, aínda denominado xerente de urbanismo. E sorprende pola capacidade que teñen determinadas concelleiras/os de darlle munición á oposición, cando suponse que hai uns grupos municipais que debaten e chegan a conclusións que obrigan aos seus integrantes. Acabarán votando diferente?

As cousas fanse mal. As e os asesores son necesarios, debe haber transparencia e ter a formación requerida. Os cambios de persoas e das súas tarefas deben preceder e ser axeitados, mais non caben venganzas persoais. Se o tema é tan trascendente toca coherencia e deixar o posto de concelleira/o. Erra tamén o alcalde, volve aparecer de perfil nun tema da súa única responsabilidade, el ten que nomear ou destituír ás/aos asesoras/es. Ou quizais a señora Martina Aneiros manda máis?

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/asesores/20160824234318164006.html

Movemento asociativo

Unha das sinais de identidade de Ferrol é a existencia dun amplo movemento asociativo, dos maiores da media galega. Coherente co final dos anos setenta do século pasado, onde o antifranquismo foi capaz de ter plataformas desde onde provocarlle buratos á ditadura, sumando a sectores importantes da poboación. Pero tamén é certo que unha parte dese movemento asociativo está baixo mínimos e sen relevo, hoxe non hai asociación capaz de marcar os sons da cidade.

A precariedade, a emigración e o envellecemento están no problema. Aínda así, o fundamental é a falta dun novo relato, antaño foi a incorporación á democracia e a construcción dun buscado progreso. Alén dun corta e pega de programas electorais, resulta necesario unha nova forma de entender a cidade, a súa reinvención desde dentro. Cambiar Ferrol para cambiar a vida das e dos seus moradores. Un exemplo é ese novo Canido da man de artistas como Edu Hermida.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/movemento-asociativo/20160811005208162724.html