Cándido

Vén de celebrarse o Comité Provincial do PSdeG – PSOE coruñés. O traballo desenvolvido polos nosos alcaldes e polo partido permiten facer a previsión de repetir resultados nas municipais de maio de 2011, se ben deberase mobilizar especialmente a aqueles sectores que sofren a crise económica, maioritariamente votantes socialistas. Salvador F. Moreda explicitou o seu apoio aos alcaldes de Coruña, Santiago e Ferrol.

Tamén, dependemos dos nosos acertos. Son necesarias unha forte aposta por recuperar a xestión pública de servizos privatizados; a calidade do emprego nos Concellos; e renovacións de listas municipais integrando a persoas con claros perfís de esquerda e vinculados aos movementos sociais.

Produto dunha pluralidade interna que ten que ser posta en valor, a economía e a reforma laboral estiveron no corazón do debate. Fronte ao discurso oficial de recortes de dereitos e prestacións, outros reclamamos políticas económicas expansivas, progresividade fiscal e un xiro á esquerda.

Houbo tempo para facer chegar a esta asemblea socialista unha reclamación que xa ten dez anos por parte de votantes ferroláns de todos os partidos, e canalizada polo Comité Cidadán de Emerxencia. O traslado de Reganosa fóra da ría ferrolá.

Son consciente do grado de impacto da miña primeira afirmación neste comité, pero resume o que penso de cara á Folga Xeral do 29 de setembro: Cándido Méndez ten razón.

Enlace a Galicia Hoxe

Unha opinión sobre “Cándido

  1. Manolo eso está ben; é preciso que en todos os foros do partido se escoiten as voces da esquerda do partido. Os executivos e dirixentes as veces, moitas veces, están pillados pola mecánica do día a día, e das forzas reaccionarias e as súas estratexias de impoñer o seu criterio de impedir que a clase obreira e traballadora consiga aumentar os seus beneficios, ou coma ben se ve nesta crise, restar todo o posible dos seus dereitos e ingresos. Teñen poder económico a nivel mundial, teñen acaparadas as propiedades estratéxicas das materias primas, e así queren impoñer que, cada vez, os mási ricos sexan máis ricos a conta de que os traballadores traballen máis por menos cartos e por menos dereitos…
    …A esquerda do partido temos a obriga de esixir sempre os maiores retos de avance da nosa clase, en detrimentos dos seus abusivos, e moitas veces fraudulentos, beneficios capitalistas. Tan só a permanente loita solidaria da esquerda, combatindo en todos os foros do partido as tesis capitalistas que as veces asumen os nosos dirixentes, pode levalos a que duden das súas posturas e conduzan o partido e a sociedade pola senda do progreso. Para eso tamén é preciso ese triunfo na folga do 29. O meu parabén en público para a tua xestión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.