Mañá ás 12 horas, presentarase a Plataforma Axuda Urxente a Cuba en roda de prensa, no Ateneo Ferrolán. Ao día seguinte, xoves 9 de outubro, pero ás 20 horas haberá un acto público no salón de actos desta entidade co Cónsul de Cuba, o sr. Alejandro Fuentes; obviamente para falar da situación deste país tras os tres furacáns que destrozaron a Illa, e que agrávase ante o bloqueo internacional que os EEUU mantén, co apoio hipócrita dos principais países da Unión Europea.
Cuba sempre foi un exemplo de solidariedade cos demais pobos. Sempre foron os primeiros en destinar axuda humanitaria, médica e material, sen lle importar as cores políticas dos demais. Hoxe, Cuba, volve a necesitar da mobilización da cidadanía para facer fronte a unha situación de emerxencia, que Bush pretende usar, para conseguir a redición da Illa por “afogo humanitario”.
A plataforma está aberta á incorporación de novas entidades. Até agora, participán a ONGD Acsur – Las Segovias, Asociación Fuco Buxán, Asociación Encuentro Progresista Uruguay Galicia, Ateneo Ferrolán, A. VV. Caranza, A.VV. Fontelonga, Centro de Promoción Social San Valentín de Fene, Grupo Voluntariado Axuda en Acción Ferrol e a Organización de Solidariedade cos Pobos de Asia, África e América Latina (Ospaaal).
Os números de conta en Caixa Galicia son: para España 2091-0000-35-3040185583, e o Nº de Conta Internacional: Eur IBAN ES41 2091 0000 3530 4018 5583.
O proxecto de reconstrución, que será xestionado a través da Oficina en Cuba de Acsur, centrarase na parte occidental da Illa, na provincia de Pinar del Río. Queremos a vosa contribución e apoio para:
-
Reparar os teitos das vivendas afectadas nas comunidades campesiñas da CPA Carlos Valiño e CCS “26 de Xullo” do Consello Popular “Puerta de Golpe” do municipio “Consolación del Sur”, así como das CPA “Augusto César Sandino e Miguel Bentancourt”, pertencentes ao municipio “La Palma”. 78.472 €.
-
Restablecer as instalacións produtivas das 4 cooperativas situadas nos municipios de Consolación del Sur e “La Palma” 12.357 €.
-
Reparacións de instalacións administrativas das 4 cooperativas do proxecto. 16.970 €.
-
Apoio a posta en marcha da maquinaria para proceder de maneira inmediata a sementa de cultivos de ciclo curto, así como a limpeza e saneamento e transporte da produción nos dous municipios. 45.215 €.
É por iso que vos facemos un chamamento á colaboración. Colaboremos! Axúdanos a reconstruír Cuba!
P.S. Charla do Cónsul de Cuba emitida por Radio Filispim (escoitar)
Eu ao fidel e o seu regimen non lles dou un peso.
Senón es capaz de entender o que están a pasar, a verdade que non debes molestarte. Supoño que tampouco entenderás o que acaba de facer o Goberno Zapatero en apoio de Cuba.
Á marxe das discrepancias e das críticas que se lle poidan facer ao castrismo, estamos nunha necesidade humanitaria de primeiro orde.
E en todo caso, a primeira crítica ten que ir ao bloqueo dos EEUU. A solidariedade co pobo cubano, a actitude de todo verdadeiro demócrata é vir en axuda de Cuba.
Os cubanos teñen dereito á independencia e a vivir con dignidade, non verse convertidos nunha colonia americana ou nesa cousa estraña chamada “Estado Libre Asociado”, como o que están a sufrir en Puerto Rico.
En fin. Ti mesmo. Pero, pra min, primeiro… CUBA!
Se o teu veciño estache a insultar día si e día tamen,se te amenaza conitinuamente,porque teño que facer negocios con el?
O bloqueo é lóxico.Eu non teño que facer negocios con que me insulta.
Non creo que ese sexa o problema, esqueces que coa Guerra de Cuba, os EEUU aparecen no mundo como unha potencia imperial, e con ansias de colonizar outros pobos. Nunca renunciaron a converter a Cuba nun protectorado, como así foi na etapa da ditadura de Batista.
O bloqueo non é máis que un xeito de colonialismo e ataque covarde, que pretende a rendición dun pobo orgulloso de seu e da súa soberanía nacional.
Ahora va a ser,que cuba es un remanso de paz y libertad,donde no existen los prisioneros politicos,y el pueblo no quiere escapar de la isla….
vamos hombre,abajo fidel.Y abajo ese regimen.
O problema para os EEUU non é Fidel, senón a autoestima dos cubanos como pobo independente. En todo caso, Fidel é xa Historia, e realmente vai ser lembrado como un dirixente defensor do nacionalismo cubano fronte aos EEUU. Máis como un patriota á altura de Martí que outra cousa.
O problema para os americanos é que o castrismo é a versión cubana do patriotismo. E sen Fidel seguiran buscando o seu futuro afastados da tutela de Bush.
E sen querer defender nada, o seu réxime nada ten que ver con Guantánamo e a política norteamericana de violación dos dereitos fundamentais. Nin co terrorismo de estado.
O problema de Cuba foi transformar o que era unha revolución nacional democrática noutra cousa para o que non estaban preparados. A pregunta é se tiveron oportunidade para facer outra cousa, especialmente debido ao apoio de Washington á ditadura de Bastista.
Ademais, esqueces ós marielitos que queren voltar de Miami. O paraíso non era tal, alí que ten vale algo, senón tes nada vales. Ese é o modo de vida norteamericano.
querido compañero del metal,el seueño americano existe,otra cosa es que los cubanos de miami sean unos vagonetas.
Fidel,o mejor dicho cuando su regimen caiga,será recordado como el dictador que es.
Mas de la mitad de los cubanos se quieren ir de la isla,no lo obvies.Y te aseguro que quien les diese ser puertoriqueños a los cubanos,para poder salir de una vez por todas de lka decada de los ciencuenta en la que viven.
Obviamente, eu non o vexo así.