Mañá ás 12 horas, presentarase a Plataforma Axuda Urxente a Cuba en roda de prensa, no Ateneo Ferrolán. Ao día seguinte, xoves 9 de outubro, pero ás 20 horas haberá un acto público no salón de actos desta entidade co Cónsul de Cuba, o sr. Alejandro Fuentes; obviamente para falar da situación deste país tras os tres furacáns que destrozaron a Illa, e que agrávase ante o bloqueo internacional que os EEUU mantén, co apoio hipócrita dos principais países da Unión Europea.
Cuba sempre foi un exemplo de solidariedade cos demais pobos. Sempre foron os primeiros en destinar axuda humanitaria, médica e material, sen lle importar as cores políticas dos demais. Hoxe, Cuba, volve a necesitar da mobilización da cidadanía para facer fronte a unha situación de emerxencia, que Bush pretende usar, para conseguir a redición da Illa por “afogo humanitario”.
A plataforma está aberta á incorporación de novas entidades. Até agora, participán a ONGD Acsur – Las Segovias, Asociación Fuco Buxán, Asociación Encuentro Progresista Uruguay Galicia, Ateneo Ferrolán, A. VV. Caranza, A.VV. Fontelonga, Centro de Promoción Social San Valentín de Fene, Grupo Voluntariado Axuda en Acción Ferrol e a Organización de Solidariedade cos Pobos de Asia, África e América Latina (Ospaaal).
Os números de conta en Caixa Galicia son: para España 2091-0000-35-3040185583, e o Nº de Conta Internacional: Eur IBAN ES41 2091 0000 3530 4018 5583.
O proxecto de reconstrución, que será xestionado a través da Oficina en Cuba de Acsur, centrarase na parte occidental da Illa, na provincia de Pinar del Río. Queremos a vosa contribución e apoio para:
-
Reparar os teitos das vivendas afectadas nas comunidades campesiñas da CPA Carlos Valiño e CCS “26 de Xullo” do Consello Popular “Puerta de Golpe” do municipio “Consolación del Sur”, así como das CPA “Augusto César Sandino e Miguel Bentancourt”, pertencentes ao municipio “La Palma”. 78.472 €.
-
Restablecer as instalacións produtivas das 4 cooperativas situadas nos municipios de Consolación del Sur e “La Palma” 12.357 €.
-
Reparacións de instalacións administrativas das 4 cooperativas do proxecto. 16.970 €.
-
Apoio a posta en marcha da maquinaria para proceder de maneira inmediata a sementa de cultivos de ciclo curto, así como a limpeza e saneamento e transporte da produción nos dous municipios. 45.215 €.
É por iso que vos facemos un chamamento á colaboración. Colaboremos! Axúdanos a reconstruír Cuba!
P.S. Charla do Cónsul de Cuba emitida por Radio Filispim (escoitar)