Megasa 3º día de Folga Xeral

 

Comité de Empresa Megasa Siderúrxica S.L.

Estrada de Castela, 802-820. 

Os traballadores de Megasa Siderúrxica realizaron hoxe o terceiro dos días de Folga Xeral previsto para o mes de Agosto.

 O desenvolvemento do mesmo produciuse dentro da normalidade, a pesar das provocacións de algún técnico e de algún traballador de algunha empresa instrumental, utilizada pola Dirección para eliminar persoal propio.

 Na xornada de hoxe se solidarizaron as Seccións Sindicais de UGT de Navantia Ferrol, Navantia Fene, Poligal e Endesa, así como a executiva comarcal de MCA – UGT.

 Na xornada de hoxe, unha vez máis, quedou paralizada totalmente a produción a partir das 6 horas. A Folga é de 24 horas. A vindeira xornada de Folga Xeral será o domingo 31 de agosto, sempre que a Empresa non dea mostras de querer negociar os puntos reivindicativos da parte social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.