Eva Martínez

O proceso de asembleas locais das e dos socialistas acaba. É lexítimo que toda/o militante poida aspirar a ir ao Parlamento Galego e moito máis xusto se hai unha necesidade política e o teu propio traballo avala a túa candidatura. Así mesmo, creo que a recente asemblea do socialismo ferrolán venlle ben ao partido e a Ferrol. Non é froito da casualidade, nin todos os problemas están resoltos, pero si é certo que se presenta a agrupación unida contra a dereita.

Si, todas as propostas están por algún motivo. Pero por dereito propio a xornalista Eva Martínez fíxose un oco. Representar ao socialismo ferrolán, todo o seu traballo como secretaria galega de igualdade, ser responsable desta parte do programa electoral para ás autonómicas e antepoñer os intereses da cidade e de Ferrolterra aos seus, convertérona nun dos referentes en Ferrol e no conxunto do PSdeG. O proxecto chamado Ferrolterra rexurde cando sangue nova flúe de seu, xente solvente que supón defensa do noso e renovación.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/eva-martinez/20160728234204161533.html

Primarias socialistas

O sábado, as e os socialistas galegos cos nosos votos en urna, elixiremos ao noso candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Pero hai quen quere montar barullo, moito barullo. E todo para intentar cuestionar o resultado final deste proceso, se non lle convén a aqueles que se proclaman de seu “barón ou baronesa” do PSdeG. O positivo deste sunami que é a crise económica social que padecemos é levar por diante todo o obsoleto, por iso intentan sobrevivir como sexa.

Ese e non outro é o motivo dos ataques á presidenta da xestora galega do partido socialista. A vella garda das esencias do vello vazquismo (Paco e Pachi) e “confluenzas varias” queren seguir a mandar na praza galega, aínda que sexa a costa de cargarse o propio partido. É a hora da rebelión da militancia socialista, para que quén perdeu as municipais de fai un ano, non siga a mandar. Contra o barullo o mellor é encher as urnas.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/primarias-socialistas/20160526003555155392.html

Pechar filas

Os socialistas vimos de saber da renuncia do noso secretario xeral. José Ramón Gómez Besteiro xa está libre e defendéndose das acusacións dunha xuíza que pretende endosarlle facturas da época do PP de Cacharro na Deputación luguesa. A señora De Lara deberá probar todas as súas acusacións, porque hai tamén un amplo rexeitamento na propia cidadanía ante o que se considera unha intromisión ilexítima na política galega.

Este feito venlle moi ben á dereita galega. Por iso non teñen sentido premuras innecesarias. O PSdeG debe resolver en tempo e forma as súas primarias e o seu congreso galego. Non é de recibo que a aqueles que desde dentro alimentaron a saída de Besteiro lles entren as présas, máis cando son boa parte dos que se están descartando porque saben que ben non contan co voto cidadán ou xa son historia. Toca pechar filas coa xestora galega e coa súa presidenta Pilar Cancela.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cendan/pechar-filas/20160324001710149783.html