A dereita sempre foi un problema para España. Incapaz de asumir a súa derrota electoral do 14M, unha visión de Estado e democrática, hoxe organiza unha manifestación máis (baixo as siglas da AVT), contra un Goberno Zapatero que traballa pola desaparición de ETA. Unha manifestación que non vai contra o terrorismo, senón que busca a rendición do Goberno ante o PP.
É evidente que desde o punto de vista democrático poden expresar nas rúas as súas diferenzas políticas. Pero, non se pode permitir a manipulación das Vítimas, do terrorismo e da verdade histórica no proceso xudicial aberto motivado polo atentado do 11M.
A política extremista e de derrube do PP, perfectamente encarnada polo lexionario Ángel Acebes, tras confirmarse o fracaso político e de liderazgo de Mariano Rajoy no debate sobre o Estado da Nación recente, radicaliza e sitúa fóra do marco constitucional e democrático á dereita española.
É certo que a curto e medio prazo isto converte ao PSOE na única opción viable, desexable e posible de Goberno. Pero, para unha política de Estado, España necesita dunha dereita democrática e civilizada.
As actitudes radicais da dereita extrema que Acebes, Alcaraz (autonomeado vítima oficial do terrorismo e portavoz único) e Aznar a Triple A do PP están sendo a levadura dos diversos grupos ultradereitas violentos, das diversas familias falanxistas, e diversos novos partidos fascistas, que buscan a supresión da democracia e a reinstalación da ditadura nacional católica. E hoxe participan tamén da marcha pepera en Madrid.
Nun Estado Democrático de Dereito, as vítimas do terrorismo merecen a atención integral aos seus problemas, recoñecemento, respecto e memoria. Pero, nunca poden exercer a xustiza fronte aos seus agresores, nin poden tampouco tutelar á política. Sería a negación do Estado de Dereito e da propia Democracia.
O sr. Alcaraz (Portavoz da AVT e irmán dunha vítima) ten dereito a facer política, pero non a utiliza-las vítimas do terrorismo contra un Goberno lexítimo. O sr. Alcaraz pode facer política, pero non ensuciar o nome das vítimas do 11M, para esconder que naquel momento Aznar era o Presidente do Goberno e Acebes o seu Ministro de Interior. O sr. Alcaraz sempre poderá facer política nas listas do PP ou nesa futura fronte nacional ca extrema dereita está a artellar ca cegueira e os intereses particulares dos actuais dirixentes do PP están a alimentar.
Na cidade de Ferrol ao calor da defensa da estatua do Xeneral Franco na Praza de España, defendida entre outros polo actual presidente local do PP, sr. Vilariño Anca, xurdiu un novo grupo ultra e reorganizouse outro tradicional. De momento, limítanse a encher as rúas de pintadas racistas, xenófobas ou contrarias á España autonómica. A recomendar aos máis mozos a súa afiliación á organización xuvenil do franquismo. Mañá poden ser un problema de orde público para a convivencia pacífica e democrática. Nesto, a deriva actual do PP ten moita responsabilidade.
Os españois non queremos unha dereita así (nin creo que a maioría dos seus votantes). Un Rajoy secuestrado polos ultras no seu partido, enfadado, crispado e que rifa aos cidadáns. Sen máis proxecto que manter o escano, sen máis alternativa que dicir amén ao aznarismo. Incapaz de abrir unha nova etapa na dereita española.
Un Rajoy e un PP que aburren. España merece unha dereita mellor.
O 30 de maio o Centro Cultural Torrente Ballester, na nosa cidade de Ferrol, estaba cheo até a bandeira. Ti e a túa novela Abordajes: un relato cruel, fúchedes que nos convocou.
Tras ter que aprazar do martes ao venres 19 de maio, por causa de forza maior, a parroquia naronesa de Ferrerías recibiu unha visita do PSOE. A delegación estaba formada por Catalina García, secretaria xeral do partido socialista en Narón, por Mario Isasi, secretario de política municipal da agrupación local e Ánxel Teijeiro, concelleiro socialista no Concello.